Este artigo trata sobre a cidade inglesa de "Plymouth", para a capital de facto da illa caribeña de Montserrat véxase Plymouth, Montserrat.
Plymouth é unha cidade do condado de Devon, no suroeste de Inglaterra. Ten unha poboación de 244.000 habitantes. Atópase entre o río Plym e o río Tamar, e é parte dun dos máis grandes e espectaculares portos naturais no mundo. A cidade ten un rico pasado marítimo e foi unha das máis importantes bases do Reino Unido. Debido a isto foi un obxectivo principal para a Luftwaffe durante a segunda guerra mundial.
Posúe unha liña de transbordador que a conecta coa cidade de Santander, en España.
Galería de imaxes
Categoría:Plymouth