Andrzej Sapkowski, nado en Łódź en 1948, é un escritor polaco. O seu estilo de escritura é fluído e directo, adaptando a linguaxe popular da Polonia actual. As súas principais obras son de temática medieval cun enfoque que vai desde a novela histórica até a fantástica, pero sempre influenciadas pola cultura eslava e as narracións tradicionais.

Traxectoria Entre as súas obras máis populares está a saga do "bruxo" Geralt de Rivia que consta de sete volumes. A súa primeira historia, Wiedźmin foi publicada na revista Fantastyka en 1986 e acadou un grande éxito que levaría á continuación da saga de Geralt.

A saga de Geralt foi levada ao cine (Wiedźmin, dirixida por Marek Brodzki, 2001), á televisión en forma de serie e foi tamén reescrita coma banda deseñada. Tamén ten unha adaptación ao mundo dos videoxogos (The Witcher, 2007) e outra coma xogo de rol de mesa.

Sapkowski ten gañado cinco premios Zajdel por diversas historias: O mal menor (Mniejsze zło) (1990), A espada do destino (Miecz przeznaczenia) (1992) e as novelas No cráter da bomba (W leju po bombie) (1993), O sangue dos elfos (Krew elfów) (1994) e Narrenturm (2002). Esta última constitúe o inicio dunha serie de novelas de ambientadas nas guerras husitas do século XV.

Obra Contos, historias curtas e coleccións: Wiedźmin (col., 1990), Reporter, Varsovia Miecz Przeznaczenia (col., 1992) Ostatnie Życzenie (col., 1993) Oko Yrrhedesa Coś Się Kończy, Coś Się Żaczyna (col., 2001) Złote Popołudnie (1997)

Saga de Geralt: Krew Elfów (O sangue dos elfos) (1994) Czas Pogardy (Tempo de odio) (1995) Chrzest Ognia (Bautismo de sangue) (1996) Wieża Jaskółki (A Torre da Andoriña) (1997) Pani Jeziora (A dama do lago) (1999)

Ciclo Husita: Narrenturm (2002) Boży Bojownicy (Combatentes do Señor)(2004) Lux Perpetua (2006)

Outros: Świat Króla Artura/ Maladie (1995). Monografía. Żmija(Víbora) (2009). Romance.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina web oficial de Andrzej Sapkowski (Polaco) Páxina oficial do videoxogo The Witcher (Inglés) Páxina con información sobre Sapkowski (Español) Foro en español sobre Sapkowski (Español) Wiki sobre Sapkowski e o seu mundo (Polaco)

Categoría:Escritores de Polonia Categoría:Escritores en lingua polaca Categoría:Nados en 1948 Categoría:Nados en Łódź