O achang (Mönghsa, en achang) é unha lingua da familia sino-tibetana do grupo tibetano-birmanés falada na China e Myanmar.

ISO/DIS 639-3: acn

Distribución xeográfica O territorio tradicional achang está divido politicamente entre a República Popular da China e Myanmar. Na China os achang habitan na rexión de Yunnan, a principal concentración está na Prefectura Autónoma dos Dehong Dai e os Jingpo, con arredor de 25.000 achang e no distrito de Longling do distrito de Baoshan, con 4.000 achang. En Myanmar habitan no distrito de Katha, ao oeste do río Irrawaddy, coñecidos localmente como Manda.

Falantes 35.300 (2000). Myanmar 1.700? China 33.600

Dialectos Longchuan, influenciado polo Dai Lianghe Luxi Xiandaohua, 100 falantes en 2 aldeas da zona de Jiachang (Dehong) (pertencen á nacionalidade achang, pero non hai estudos sobre a súa fala que podería ser unha lingua independente). Maingtha, en Myanmar: 1.700 falantes (1983). Achang de Husa: 6.000 falantes(1990),o seu dialecto é o máis influído polo chinés, descendentes de soldados Han e mulleres achang, data do século XV, considéranse unha nacionalidade diferente do resto dos achang.

Escrita Na China está recoñecida como nacionalidade, pero nunca se creou unha escrita para a lingua. En Myanmar apareceron algúns libros de carácter relixioso, destaca a tradución do Novo Testamento (1992).

Historia Os achang proceden orixinariamente dos vales do Jinsha, Langcang e Nujiang no noroeste de Yunnan. No século II comezan a emigran ao oeste do Nujiang. Entre o século VII e o XIII o territorio achang controlárono principados dai e nanzhao. No século XIII asentáronse en Longchuan. En 1368 comeza o control político chinés do seu territorio.

En 1952 estableceuse un distrito autónomo para os achang do condado de Fusa, e entre 1953 e 1954 formáronse tres distritos máis para os achang dos condados de Luxi e Lianghe.

Véxase tamén Ligazóns externas Ethnologue

achang