O espírito do bosque é un filme de animación de 2008 dirixido por David Rubín. É a terceira longametraxe de animación producida por Dygra Films e a secuela de O bosque animado, que foi o primeiro filme en animación 3D por ordenador en ser producido en Europa.

Produción e distribución A película está dirixida por David Rubín, que se encargou da dirección artística, e Xoán Carlos Pena, encargado de coordinar a produción técnica. A película foi presentada no Festival de Cannes e seleccionada para competir na sección oficial da XXV edición do Festival Internacional de Cine Infantil de Chicago, que tivo lugar entre o 23 de outubro e o 2 de novembro de 2008.

Na súa produción participaron máis dun cento de persoas, entre animadores, deseñadores, músicos, físicos, técnicos e dobradores. Esta última faceta foi levada a cabo na súa versión en galego por coñecidas voces de dobraxe da Galega. A distribución da cinta, que custou 14 millóns de euros, correu a cargo de Manga Films, a diferenza dos dous títulos anteriores de Dygra, que foron comercializados por Buenavista.

Trama A trama da película, ambienta da Fraga de Cecebre, ao igual que a súa anterior produción, O bosque animado, consiste no intento das árbores e animais da mesma en impedir que se constrúa unha estrada a través do bosque. A ambientación e varias das personaxes son as mesmas que en O bosque animado.

Personaxes e actores de dobraxe na versión galega Furi (toupa) –Ignacio Castaño Linda (toupa) – Consuelo Díaz Isorna Cebolo (toupa) – Carolina Vázquez Diéguez Piorno (rato) - Carlos Jiménez Díaz Hu-hu (mosca) – Oscar Fernández Ho-ho (mosca) - Xoán Dieguez Vázquez Morriña – Ana Lemos Señora D´Abondo – Lucía Cid Cabido

Premios Foi candidata ao Goya á mellor longametraxe de animación en 2008.

Notas

Véxase tamén Outros artigos O soño dunha noite de San Xoán O bosque animado (filme) Ligazóns externas Páxina de Dygra Films Ficha na Axencia Audiovisual Galega

Categoría:Filmes de 2008 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes de animación Categoría:Filmes de 2008 con versión en galego