A Casa Galega da Cultura é un espazo multidisciplinar localizado en Vigo que acolle a realización de actividades artísticas e literarias. Ten un fondo bibliográfico e museográfico sobre Galicia. Historia O edificio foi construído, baixo plano do arquitecto Jose María Ortiz Sánchez (autor tamén do edificio onde esta actualmente o Museo de Arte Contemporánea de Vigo ou MARCO), e coa dirección de obra do construtor José Antonio González Bernárdez, para substituír unha antiga sede do Concello de Vigo, que ardeu en 1851, aínda que xa ameazaba a ruína en 1809. Foi sede do Concello até o seu traslado á actual localización en 1978. Máis tarde foi restaurado para acoller os fondos da Fundación Penzol e a Casa Galega da Cultura.
Construción e estilo Trátase dun edificio sobrio e de estilo ecléctico, que ten inseridos elementos clasicistas, aínda que de xeito contido, sen artificios. Inicialmente foi deseñado con tres andares, con tres vans en cada unha e unha composición simétrica, con zócolo, pilastras e falso entaboamento, separando cada andar con liñas de imposta, ás que se suman unhas cornixas na fachada principal. Cada andar diferénciase pola súa decoración, especialmente o primeiro que ten aberto un balcón principal, dende o que aínda se fan pregóns de festas á Praza da Constitución. O treito central do edificio está salientado en todos os andares mediante pilastras apareadas, e na planta terrea salienta un almofadado corrido. Remata o edificio unha balaustrada, cun peitoril central na fachada principal co escudo da cidade e dous lucernarios.Garrido Rodríguez, Xaime, 2000, A Arquitectura da Pedra en Vigo, Vigo, Construcciones Conde, p. 160-161. Na fachada que dá á Praza da Princesa a decoración é máis restrinxina.
Museo miniatura|esquerda|Fachada leste, Praza da Pincesa. O centro, antiga sede da casa do concello,A Antigua Casa do Concello na páxina do concello. ten salas de exposición temporais e permanentes na planta baixa, un salón de actos na primeira planta, dúas salas de lectura, unha delas para o uso de investigadores e as bibliotecas Penzol e Fernández del Riego e o Museo Francisco Fernández del RiegoMuseo Francisco Fernández del Riego en TurgaliciaColección de Arte Francisco Fernández del Riego na páxina do concello. na terceira planta.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da Casa Galega da Cultura na web do concello.
Categoría:Museos de Vigo Categoría:Arquitectura civil en Vigo