Eduardo Ferreirós Boullosa, nado no Carril en 1904 e finado o 22 de agosto de 1936 no Pousadoiro, foi un sindicalista anarquista galego. Traxectoria Fillo de mariñeiro, artigo en La Voz de Galicia, 17 de outubro de 2008. e traballador el tamén no mar, militou no anarcosindicalismo e chegou a ser secretario de organización da sección de pesca da CNT do Carril e presidente do sindicato de estibadores da mesma localidade. Sobre o tema da pesca e o marisqueo tamén realizou colaboracións puntuais con distintos xornais, como El Pueblo GallegoEduardo Ferreiro e os problemas do marisqueo en 1933, La Voz de Galicia, 25/7/2008 Copia dixital en Galiciana.
Asasinato Foi asasinado xunto co seu compañeiro na CNT e veciño, Julián Iglesias del Río, quen ocupara cargos directivos no sindicato de estibadores nos anos anteriores ó 36. O seu cadáver foi abandonado na foxa nº 490 do cemiterio de Rubiáns, en Vilagarcía de Arousa. Un ano máis tarde, durante un xuízo militar desenvolvido contra dezaseis veciños do Carril e Vilagarcía, foi cualificado coma:
A pesar de estar xa morto, foi declarado en rebeldía ("Desapareció en los primeros días del glorioso Movimiento Nacional ignorándose su paradero")Auto xudicial.
Ademais dunha mención na escultura "Rosas Rotas", no parque de Miguel Hernández de Vilagarcía de Arousa, dende abril do 2004 un monólito e unha placa lembran no cemiterio de Rubiáns o seu pasamento, xunto ó doutras quince persoas máis.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en memoria da Coruña
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Anarquistas de Galicia Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos