San Salvador de Mosteiro é unha parroquia do concello de Pol pertencente á comarca de Meira, na provincia de Lugo. Segundo o INE en 2016 tiña 206 habitantes (102 homes e 104 mulleres), vinte e catro máis que no ano 2000.
Xeografía A parroquia de Mosteiro ten un único núcleo de poboación, a vila de Mosteiro, na cal está a casa do concello de Pol. O seu rueiro comprende avenida do río Azúmara, camiño de Cadeite, camiño de Rielo, estrada de Lugo, Casas do Pacio, praza de Galicia, rúa de Castelao, rúa do Emigrante, rúa de Emilia Pardo Bazán, rúa de Rosalía de Castro e rúa de Xan Montes.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Mosteiro
Parroquias de Pol
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Pol
Categoría:Parroquias de Pol Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Salvador