miniatura|Antiga bomba manual de balancín.
Unha bomba é unha máquina hidráulica xeradora que transforma a enerxía (xeralmente enerxía mecánica) coa que é accionada en enerxía hidráulica do fluído incompresíbel que move. O fluído incompresíbel pode ser líquido ou unha mestura de líquidos e sólidos como pode ser o formigón antes de fraguar ou a pasta de papel. Ao incrementar a enerxía do fluído, auméntase a súa presión, a súa velocidade ou a súa altura, todas elas relacionadas segundo o principio de Bernoulli. En xeral, unha bomba utilízase para incrementar a presión dun líquido engadindo enerxía ao sistema hidráulico, para mover o fluído dunha zona de menor presión ou altitude a outra de maior presión ou altitude.
Existe unha ambigüidade na utilización do termo bomba, xa que xeralmente é utilizado para referirse ás máquinas de fluído que transfiren enerxía, ou bombean fluídos incompresíbeis, e polo tanto non alteran a densidade do seu fluído de traballo, a diferenza doutras máquinas como o son os compresores, cuxo campo de aplicación é a pneumática e non a hidráulica. Pero tamén é común atopar o termo bomba para referirse a máquinas que bombean outro tipo de fluídos, así como o son as bombas sen carga ou as bombas de ar.
Historia A primeira bomba coñecida foi descrita por Arquimedes e coñécese como parafuso de Arquimedes, descrito por Arquimedes no século III a. C., aínda que este sistema fora utilizado anteriormente por Senaquerib, rei de Asiria no século VII a. C.Stephanie Dalley and John Peter Oleson (January 2003). "Sennacherib, Archimedes, and the Water Screw: The Context of Invention in the Ancient World", Technology and Culture 44 (1).
No século XII, Al-Jazari describiu e ilustrou diferentes tipos de bombas, incluíndo bombas reversíbeis, bombas de dupla acción, bombas de vacuo, bombas de auga e bombas de desprazamento positivo.Al-Jazari, The Book of Knowledge of Ingenious Mechanical Devices : Kitáb fí ma'rifat al-hiyal al-handasiyya, translated by P. Hill (1973). Springer.Derek de Solla Price (1975). Review of Ibn al-Razzaz al-Jazari, The Book of Knowledge of Ingenious Mechanical Devices. Technology and Culture '''16 (1), p. 81.
Tipos de bombas
Bombas centrífugas Bombas de desprazamento positivo Bombas Aspirantes Bombas Prementes ou Bombas Aspirantes-Prementes
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
http://www.monografias.com/trabajos14/bombas/bombas.shtml http://www.monografias.com/trabajos23/bombas-y-compresores/bombas-y-compresores.shtml Animación Flash dunha bomba de lóbulos duplos Animación Flash dunha bomba de lóbulos triplos
Categoría:Hidráulica