O Corveiro é un lugar da parroquia de Cervo no concello de Cedeira na provincia da Coruña. Tiña 6 habitantes no ano 2007 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 2 homes e 4 mulleres, o que supón unha diminución con relación ao ano 2003 cando tiña 8 habitantes.
Patrimonio A ermida de Santo Antón do Corveiro comezouse a construír en 1661. Está sita nunha contorna dende a que se contempla unha panorámica da entrada da ría. No interior, destaca o retablo barroco, procedente da igrexa parroquial. No campo que arrodea á ermida, atópase un cruceiro de pedra sepentina, que foi levado alí dende o antigo cemiterio de Cedeira.
Lugares e parroquias Lugares de Cervo
Parroquias de Cedeira
Notas
Categoría:Lugares de Cedeira