Xosé Luís Martínez Pereiro, nado na Coruña en 1959, é un escritor galego.
Traxectoria A súa actividade repártese entre a narrativa, o teatro e o debuxo humorístico. Ten publicado cadriños en revistas como Can Sen Dono, XO!, A voz que para as bestas, O Farelo, os periódicos A Peneira e A Nosa Terra e varias antoloxías de humor gráfico. Publicou tamén relatos neste último semanario e en Agália.
Desde 2003 ten participado en numerosas revistas e exposicións internacionais sobre humor.
Vida persoal
É irmán de Carlos Paulo Martínez Pereiro. Obra
Poesía
A escuridade é o correcto (2025). Medulia. 84 pás. ISBN 978-84-10324-64-0
Narrativa Amalgama de desquiciados, 1992, Baía Edicións. Breviario de calamidades, 1999, Espiral Maior. As irmás bastardas da ciencia, 1999, Laiovento. Medición definitiva do limbo, 2000, Espiral Maior. A embaixada do vinagre, 2002, Sotelo Blanco. Novas tendencias da vida mansa, 2007, Laiovento. A verdade como mal menor, 2008, Galaxia.
Teatro Tres crimes en busca dunhas labazadas, 1985, Cadernos da Escola Dramática Galega. Traxicomedia do Pai Ternoster e unha pastora lusitana chamada Viriata, 1989, Cadernos da Escola Dramática Galega. Monólogo con oito pausas e un falso espectador, 1990, Cadernos da Escola Dramática Galega. Carne de estatua, 2001, Baía. Guiso de choupa, 2001, Xunta de Galicia.
Literatura infanto-xuvenil A muller Mariña, 2003, A Nosa Terra.
Obras colectivas Un dia na vida de Vladimiro e o seu can Trotsky, 1987, Sotelo Blanco. Teatro, con Carlos Paulo Martínez Pereiro. Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega. De soños e memorias, 2003, Espiral Maior. Uxío Novoneyra, A emoción da Terra, 2004, AELG. Homenaxe a Ánxel Casal, 2005, AELG. A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium. Letras novas, 2008, AELG. Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega, 2013, Toxosoutos. Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda, 2017, Alvarellos.
Premios 2º Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1981, por Conto dun Mougán e dun Roubapolos. 1º Premio do Concurso Nacional de Contos Infantís O Facho no 1983, por Cartel de cego dun home indestrutíbel. Premio do IX Concurso de Teatro Breve da Escola Dramática Galega no 1989, por Traxicomedia do Pai Ternoster e unha pastora lusitana chamada Viriata. 2º Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1991, por Historia dun neno godo e delgado. I Premio de poesía Manuel Murguía da Universidade da Coruña. Premio de poesía Has de Cantar, da Asociación Cultural Rosalía de Castro de Biscaia. Premio de poesía Domingo Antonio de Andrade, concedido pola Agrupación Cultural do mesmo nome en Cee. I e II Premio A Peneira de relatos curtos de humor en 1993 e 1999. Premiado no XXI Certame Antonio Machado, onde compiten todas as linguas do estado. Premio na modalidade de narración curta no VIII Certame Carvalho Calero do Concello de Ferrol no 1999, por As irmás bastardas da ciencia. II Premio Cidade da Coruña de literatura fantástica no 1999, por Medición definitiva do limbo. X Premio de Narracións Breves "Manuel Murguía" no 2001, por Palamades e a Besta Ladradora. Premio Risco de Literatura Fantástica no 2002, por A embaixada do vinagre. VII Premio Antonio Prados Ledesma do Concello de Viveiro no 2007, por Os deuses suicidas, aínda inédito. Premio Narrativa Breve Repsol no 2008, por A verdade como mal menor.
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1959