O mercurio (chamado popularmente azougue, amais da forma literaria hidrarxirio) é un elemento metal líquido a temperatura ambiente de número atómico 80, moi denso, de cor branca prateada. Algunhas das fontes de emisión á atmosfera ou ó ambiente en xeral máis importantes deste contaminante tóxico e bioacumulable son a incineración de residuos ou determinados procesos industriais.

O mercurio aparece en depósitos en todo o mundo, principalmente como cinabrio (sulfuro de mercurio). O pigmento vermello denominado vermellón obtense triturando cinabrio natural ou sulfuro de mercurio obtido por síntese.

O envelenamento por mercurio pode resultar da exposición ás formas solubles en auga do mercurio (como o cloruro mercúrico ou o metilmercurio), pola inhalación de vapor de mercurio, ou pola inxestión de calquera das súas formas.

Propiedades químicas Configuración electrónica: [Xe]4f1 5d10 6s2 Valencias máis estables: 2, 1. Temperatura de ebulición: 357 °C Temperatura de fusión: -38,4 °C Densidade: 13,6 g/cm3 Volume atómico: 14,8 Primeira enerxía de ionización: 241 kcal/g·mol Electronegatividade: 1,9

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Cinabrio Enfermidade de Minamata

Categoría:Mercurio (elemento)