O Participio é unha forma infinita do verbo. É a forma verbal menos marcada e comparte co adxectivo as seguintes características: Non admite clíticos. Ten flexión de xénero e número: rematado,-a,-os Admite superlativos (Fiquei sorprendidísima) e diminutivo(Está acabadiño) Pode ir acompañado por adverbios: Bastante avanzado Pode ser pronominalizado: Se ela é castigada, ti tamén o serás Combínase con adxectivos e substantivos: Está alegre e decidida Forma adverbios en -mente: caladamente Pode substantivarse: Os vencidos

Funcións Sintacticamente pode ter as seguintes funcións: Modificador: Os traballadores despedidos manifestáronse na rúa Predicativo: Marchou anoxado Atributo: Está satisfeita

Formas Os participios regulares presentan o seguinte paradigma: andado varrido partido

Categoría:Tempo verbal