Escocia (en ; en ; en ) é un país que forma parte do Reino Unido. É o máis setentrional dos catro países constituíntes que forman o Reino Unido. Xunto con Inglaterra e Gales, forma parte da illa de Gran Bretaña, e abrangue un terzo da súa superficie total. Ademais da parte de Escocia localizada na illa de Gran Bretaña, o territorio escocés consta de máis de 790 illas, incluíndo as Shetland, as Orcadas e as Hébridas. Limita ao norte e oeste co océano Atlántico; ao leste co Mar do Norte, ao sur con Inglaterra e ao suroeste coa Canle do Norte e o Mar de Irlanda. O territorio escocés comprende 78.772 km², e a súa poboación estímase en 5 116 900 habitantes, o que dá unha densidade de poboación de 65 habitantes por km².
Edimburgo, a capital do país e segunda meirande cidade, é un dos centros financeiros de Europa. Edimburgo foi o centro da Ilustración escocesa do século XVIII, que transformou a Escocia nunha das potencias comerciais, intelectuais e industriais de Europa. Glasgow, a cidade máis grande, foi outrora unha das cidades industriais máis importantes do mundo e hoxe atópase no centro da aglomeración de Gran Glasgow. As augas territoriais escocesas abranguen unha parte importante do Atlántico Norte e do Mar do Norte, contendo unha das maiores reservas de petróleo da Unión Europea. Por este motivo, Aberdeen, a terceira cidade de Escocia, ten o título de capital europea do petróleo.
O Reino de Escocia foi un estado independente durante a Alta Idade Media, e continuou a súa existencia ata 1707. Nesa data produciuse unha unión persoal na que se asinaron as Actas de Unión con Inglaterra, para crear o 1 de maio de 1707 o Reino Unido da Gran Bretaña. A unión produciuse malia a oposición popular e as revoltas anti-unión en Edimburgo, Glasgow e noutras partes. O Reino Unido de Gran Bretaña entrou posteriormente noutra unión política co Reino de Irlanda, o 1 de xaneiro de 1801, para crear o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda.
O sistema legal escocés mantívose separado do de Inglaterra, Gales e Irlanda do Norte, polo que é considerada en dereito internacional como unha entidade xurídica distinta.Collier, J. G. (2001) Conflict of Laws (Third edition) (pdf) Cambridge University Press. "For the purposes of the English conflict of laws, every country in the world which is not part of England and Wales is a foreign country and its foreign laws. This means that not only totally foreign independent countries such as France or Russia... are foreign countries but also British Colonies such as the Falkland Islands. Moreover, the other parts of the United Kingdom... Scotland and Northern Ireland... are foreign countries for present purposes, as are the other British Islands, the Isle of Man, Jersey and Guernsey." A existencia de institucións legais, educativas e relixiosas distintas permitiron a supervivencia da cultura e da identidade nacional escocesa dende a Unión de 1707.Devine, T. M. (1999), The Scottish Nation 1700–2000, P.288–289, ISBN 0-14-023004-1 "created a new and powerful local state run by the Scottish bourgeoisie and reflecting their political and religious values. It was this local state, rather than a distant and usually indifferent Westminster authority, that in effect routinely governed Scotland" En 1999 recuperou un poder lexislativo, o Parlamento de Escocia, grazas ó referendo de 1997, e volveu reunir a autoridade sobre moitas áreas dos asuntos de interior. En maio de 2011, o Scottish National Party (SNP, Partido Nacional de Escocia) gañou con ampla maioría as eleccións ó parlamento. Como resultado, celebrouse un referendo de independencia o 18 de setembro de 2014, que rexeitou a independencia por un 55% contra o 45%, e cunha participación do 85%.
Escocia é membro do Consello británico-irlandés, e da Asemblea parlamentaria británico-irlandesa, así como no acordo da Common Travel Area.http://www.ukba.homeoffice.gov.uk/sitecontent/documents/policyandlaw/IDIs/idischapter1/section2/section2.pdf?view=Binary Escocia é representada na Unión Europea e no Parlamento Europeo con seis MEPs.
Orixe etimolóxica A Crónica anglosaxoa do século X é o documento máis antigo no que aparece o termo Scotland, formado a partir do termo latino Scoti, de orixe dubidosa, empregado como unha referencia aos habitantes de Hibernia (a actual Irlanda). A palabra Scotia, aparecida no latín vulgar, empregouse só para referirse á zona de Escocia na que se falaba gaélico; ademais, este termo alternaba con Albania, procedente do termo gaélico para Escocia, Alba. O emprego do termo Scotland para referirse a todo o territorio escocés só se xeneralizou na baixa Idade Media. Nos tempos modernos o termo Scot aplícase a todos os habitantes de Escocia, independentemente da súa orixe étnica, xa que a identidade escocesa é primordialmente cívica e non étnica ou lingüística. O termo scot tamén se emprega para referirse ao escocés, falado nalgunhas zonas dos Lowlands ou Terras Baixas Escocesas.
Historia
Historia antiga miniatura|dereita|Restos dun asentamento neolítico en Skara Brae, nas illas Orcadas. As continuas glaciacións, que cubriron por completo toda a superficie de terra da actual Escocia, destruíron calquera resto de presenza humano antes do período mesolítico. Crese que os primeiros grupos humanos posglaciais de cazadores recolectores chegaron a Escocia hai 12.800 anos, despois de que o xeo desaparecese ó final da última glaciación.The earliest known evidence is a flint arrowhead from Islay. See Moffat, Alistair (2005) Before Scotland: The Story of Scotland Before History. London. Thames & Hudson. Page 42.Sites at Cramond dated to 8500 BC and near Kinloch, Rùm from 7700 BC provide the earliest known evidence of human occupation in Scotland. See "The Megalithic Portal and Megalith Map: Rubbish dump reveals time-capsule of Scotland's earliest settlements" megalithic.co.uk. Retrieved 10 February 2008 and Edwards, Kevin J. and Whittington, Graeme "Vegetation Change" in Edwards, Kevin J. & Ralston, Ian B.M. (Eds) (2003) Scotland After the Ice Age: Environment, Archaeology and History, 8000 BC–AD 1000. Edinburgh. Edinburgh University Press. Page 70.
Estes poboadores comezaron a construír as primeiras casas permanentes en terreo escocés hai 9.500 anos, e as primeiras aldeas hai 6.000 anos. A vila de Skara Brae, nas Orcadas, data deste período. As construcións neolíticas e os lugares rituais e de enterramento son particularmente comúns e están ben preservados nas illas Orcadas e Shetland, e nas Hébridas Exteriores, onde a ausencia de árbores motivou que as estruturas fosen construídas coa pedra do lugar.
O descubrimento dunha tumba de 4000 anos de antigüidade en Forteviot, preto de Perth, a capital do reino dos pictos nos séculos VIII e IX, non ten comparanza con ningunha outra en toda a illa. Contén os vestixios dun líder da Idade de Bronce antiga, enfeitado con pedras brancas de cuarzo e cortiza de bidueiro. Tamén se descubriu que os pobos da Idade de Bronce antiga poñían flores nas tumbas.
Durante a Idade de Bronce tardía, Escocia puido formar parte dunha cultura de comercio marítimo chamada Idade do bronce atlántico, que incluía outras nacións celtas, e áreas das actuais Inglaterra, Francia, España e Portugal.
No inverno de 1850, unha gran tempestade bateu Escocia causando numerosos danos e máis de 200 mortos. Na baía de Skaill, o temporal arrincou a terra dun grande outeiro irregular, coñecido como "Skerrabra". Cando a tormenta amainou, a xente do lugar descubriu o contorno dunha vila, formada por varias casas pequenas sen teito."Skara Brae: The Discovery of the Village" . Orkneyjar. Consultado o 29 de setembro de 2012. William Watt de Skaill, o laird local, comezou unha escavación no lugar, pero despois de desenterrar catro das casas, abandonou o traballo en 1868. O sitio permaneceu imperturbábel ata 1913, cando nunha única semana, o lugar foi saqueado por un grupo de homes con pas que se fixo cunha cantidade descoñecida de obxectos. En 1924, outra tormenta varreu parte dunha das casas e entón determinouse que o sitio debía ser mellor preservado e máis seriamente investigado. O traballo déuselle ó profesor Vere Gordon Childe, da Universidade de Edimburgo, que viaxou a Skara Brae por vez primeira en 1927.
Influencia romana A protohistoria escrita de Escocia comeza coa chegada do Imperio Romano á zona sur e central de Gran Bretaña, o que se coñece hoxe como Inglaterra e Gales, e a administraron como unha provincia á que chamaron Britania. As invasións e ocupacións romanas do sur de Escocia soamente foron unha serie de breves encontros.
miniatura|esquerda|Castelo de Edimburgo. A presenza humana neste lugar data do século -IX, mais a súa orixe é incerta. De acordo co historiador romano Tácito, os caledonios "recorreron á resistencia armada a grande escala", atacando os fortes romanos e mantendo combates coas lexións. Nun inesperado ataque nocturno, os caledonios acabaron con case toda a Lexión IX Hispana, ata que foi salvada pola cabalaría de Agrícola.
Nos anos 83 e 84, o xeneral Cneo Xulio Agrícola derrotou os caledonios na batalla do monte Graupius. Tácito escribiu que, antes da batalla, o líder caledonio, Calgaco, fixo un discurso no que chamou á súa xente os "derradeiros libres" e acusou ós romanos de "facer do mundo un deserto e chamalo paz". Despois da vitoria romana, os seus fortes foron situados ó longo do Gask Ridge. Tres anos despois da batalla, o exército romano retirouse do territorio de Southern Uplands.Hanson, William S. The Roman Presence: Brief Interludes, in Edwards, Kevin J. & Ralston, Ian B.M. (Eds) (2003) Scotland After the Ice Age: Environment, Archeology and History, 8000 BC — AD 1000. Edinburgh. Edinburgh University Press
Os romanos erixiron entón a Muralla de Hadrián para controlar ás tribos a ámbolos lados da muralla, e o Limes Britannicus converteuse na fronteira norte do Imperio Romano, malia que o exército mantívose na Muralla de Antonino durante dous curtos períodos – o último durante o goberno do emperador Septimio Severo dende 208 ata 210.Robertson, Anne S. (1960) The Antonine Wall. Glasgow Archaeological Society.
A ocupación militar dunha parte significativa da zona norte de Escocia durou só 40 ano, mais a influencia romana na parte sur do país, ocupada por tribos bretoas como os Votadini e os Damnonii, foi considerable entre os séculos I e V. O termo galés Yr Hen Ogledd (" O Vello Norte") é usado polos estudosos para describir o que hoxe é o norte de Inglaterra e o sur de Escocia cando estas estaban habitadas por pobos britónicos entre os anos 500 e 800. Segundo escritos dos séculos IX e X, o reino gaélico de Dál Riata foi fundado no século VI no oeste de Escocia."Dalriada: The Land of the First Scots". BBC – Legacies. Consultado o 4 de xaneiro de 2014."Scot (ancient people)". Encyclopædia Britannica. A versión 'tradicional' di que foron poboadores de Irlanda os que fundaron o reino, traendo canda si a lingua e a cultura gaélica. Porén, algúns arqueólogos suxiren que é unha visión errada, xa que non existen evidencias arqueolóxicas que demostren tal migración ou a conquista do territorio por un pequeno grupo de elites.Campbell, Ewan. "Were the Scots Irish?" in Antiquity No. 75 (2001).
Idade Media miniatura|right|upright|Réplica da pedra picta Hilton of Cadboll Stone.