César Anxo Clemente Lombera Moret, máis coñecido como César Lombera, nado en Barakaldo o 1 de outubro de 1953 e finado en Catoira o 26 de xaneiro de 2025, foi un actor, director de escena e escultor galego.

Traxectoria Trasladouse á Arousa coa súa familia cando César tiña 10 anos de idade. Co tempo asentouse en Catoira. Cursou estudos de Ciencias económicas (1971-73) na Universidade de Santiago de Compostela e de Artes plásticas na Universidade Vincennes, Francia.

Foi concelleiro de cultura do Concello de Catoira.

Traballou coa compañía teatral Titirití, coa que fixo espectáculos de animación de rúa e colaborou coas compañías Antroido e Monicreques. Con todo destacou especialmente como escultor, tendo abondosa obra esparexida por varias cidades e vilas galegas.

Obra Artes escénicas Guións teatrais Festa india Marcolfo o astrólogo Os vikingos veñen a Papalandrocas Festa rachada Producións do Centro Dramático Galego dende 1984 A cova do rei Cintoulo Marica e o circo Nunha man o sol e na outra, a lúa Signando II Ulf Barco de Pedra A raíña Lupa Sancti Iacobi Smuggling Submarine miniatura|Fonte ameixeira de Carril. Dirección escénica Festa india Santiago Matamouros Great Rimbamballus Circus Festa rachada A cova do rei Cintoulo O rei Snie Harbard e Signe Signando II Arrivada do Descobremento A raíña Lupa Barco de pedra

Guións de cine e televisión Festa india Máscaras fustrigadoras Costa da Morte

Artes plásticas Obra pública miniatura|Valle-Inclán, no Paseo dos Leóns da Alameda de Santiago de Compostela. Alfredo Brañas, Rúa Coruña, Carballo. Tótem, Arcos, delegación Economía e Facenda, Ourense Arcos, petróglifo, COTOP, Carril, Vilagarcía de Arousa As Marías, Alameda, Santiago de Compostela Valle-Inclán, Paseo dos Leóns, Santiago de Compostela. Monumento a Pablo Iglesias, Vite, Santiago Fonte Ameixeira, Carril. O Adeus, Cavadelo, Vilagarcía Fonte da Cachada, Boiro Fonte do Mar, Cabo de Cruz, Boiro O Carrabouxo, Parque de San Lázaro, Ourense. Valle-Inclán, Praza de Méndez Núñez, Pontevedra. Cola de Peixe, Auditorio de Vilagarcía de Arousa. Several Tails-Fish, illa de San Simón, Ria deVigo Monumento á tertulia,Conxunto escultórico de Bóveda, Castelao, Quiroga, Paz-Andrade, Casares e Cabanillas. Pontevedra.

Exposicións miniatura|300px|Bóveda, Castelao, Quiroga, Paz-Andrade, Casares e Cabanillas en Pontevedra. 1978 Galería Leonardo da Vinchi, Barcelona. 1979. Galería Matisse, Santiago. 1980 Bienal nacional de arte, Deputación de Pontevedra 1981 C. Cultural Banco do Brasil. Río de Xaneiro. Brasil. 1982 Cerne da deboura, máscaras, Vigo 1983 Sala Delegación Cultura, Pontevedra 1984 Casa da Cultura, Concello de Vigo 1985 Bateas, praia de Samil, Camaleón, Vigo 1986 Auditorio Caixa Galicia. Santiago de Compostela. 1988 Os Arcos, Vilagarcía de Arousa 1989 Galicia Terra Única, Estación marítima, Vigo 1992 Metropol, Vigo 1995 COAVN Vizkaia, Bilbao 1997 Dos Coimbras Gallery, Braga, Portugal. 2000 Cuatro Diecisiete, Madrid. 2002 Pazo de Fonseca, Universidade de Santiago de Compostela 2003 Sala Exposicións COAG. Santiago de Compostela. 2005 Auditorio Vilagarcía de Arousa.

Barco viquingo Á fronte da cocellería de cultura de Catoira, impulsou o irmandamento deste concello co de Frederikssund (Dinamarca), o que lle permitiu liderar proxectos como o da construción, en 1993, dun barco viquingo, o Skuldelev 5, baseándose nos debuxos tomados no Museo de barcos viquingos de Roskilde (Vikingeskibsmuseet).

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Páxina do artista arquivada en Internet Archive.

Categoría:Escultores de Galicia Categoría:Nados en 1953 Categoría:Finados en 2025 Categoría:Nados en Barakaldo Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Directores de teatro de Galicia Categoría:Guionistas de Galicia Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Concelleiros de Catoira