Misterioso asasinato en Manhattan (en ) é un filme de Woody Allen de 1993 do xénero de suspense, cun ton cómico, protagonizada por Alan Alda, Allen, Anjelica Huston e Diane Keaton, na súa oitava colaboración co director. O filme trata sobre a investigación dun matrimonio sobre a morte da esposa do seu veciño.
Estreouse en galego na Televisión de Galicia en 1996.La Voz de Galicia, 27 de novembro de 1996. Páx. 35
Argumento Larry Lipton e a súa esposa Carol coñecen os seus veciños maiores Paul e Lillian House no ascensor nun agradable encontro. Á noite seguinte, Lillian morre dun ataque cardíaco. Os Lipton están sorprendidos pola morte porque parecía ben saudable e desconfían da alegría de Paul despois da morte da súa muller. Carol comeza a investigar, mesmo inventando unha escusa para visitalo. Unha urna que atopa no apartamento de Paul contradí a súa historia de que Lillian fora enterrada.
Elenco Diane Keaton como Carol Lipton Woody Allen como Larry Lipton Alan Alda como Ted Anjelica Huston como Marcia Fox Jerry Adler como Paul House Lynn Cohen como Lillian House Melanie Norris como Helen Moss Marge Redmond como Mrs. Dalton Joy Behar como Marilyn Ron Rifkin como Sy Zach Braff como Nick Lipton Sylvia Kauders como Neighbour
Produción Allen comezou Manhattan Murder Mystery como un primeiro borrador de Annie Hall, mais non sentiu que fose suficientemente substancial e decidiu ir noutra dirección. Renunciara a realizar o filme durante anos porque sentía que era demasiado lixeiro, "como un libro para ler no aeroporto". Allen decidiu revisitar o material a principios da década de 1990. Contactou con Marshall Brickman, con quen coescribira Annie Hall, e desenvolveron máis a historia. O papel de Carol estaba escrito para Mia Farrow, mais cambiouse cando ela e Allen remataron a súa relación e se enlearon nunha batalla pola custodia dos seus tres fillos. Nos medios indicouse que se fixeron cambios no filme no que foi "definitivamente unha reacción" aos problemas de Allen, incluído contratar a Anjelica Huston como "unha novelista primeiriza moito máis nova" coa que a personaxe de Allen se ve relacionada romanticamente (Huston tiña 41 anos durante a produción). No outono de 1992, Allen chamou a Diane Keaton e pediulle que ocupase o lugar de Farrow e ela aceptou inmediatamente.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1993 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Woody Allen Categoría:Filmes de TriStar Pictures Categoría:Filmes sobre asasinatos Categoría:Filmes sobre irmás Categoría:Filmes de 1993 con versión en galego Categoría:Manhattan