miniatura|Logo de Blizzard Entertainment.
Blizzard Entertainment é unha empresa dedicada á creación de videoxogos radicada en Irvine (California). Tamén administra un servizo gratuíto de xogo a través de Internet chamado Battle.net.
Traxectoria miniatura|200px|esquerda|Sede de Blizzard Entertainment en California.
En 2004 a compañía nai Vivendi Universal Games, a distribuidora de Blizzard Entertainment, despediu a 348 empregados en Norte América. En decembro de 2007 Vivendi Universal fusionouse con Activision, outra empresa de videoxogos, de xeito que apareceu a nova compañía, Activision Blizzard.
Blizzard Entertainment tivo varios propietarios dende a súa creación. En 1991, baixo o nome de Silicon & Synapse, tiña como propietario e fundador a Allen Adham. Máis tarde, en 1994, Silicon & Synapse foi mercada pola distribuidora Davidson & Associates, que despois cambiou o nome da empresa a Blizzard Entertainment Inc. Máis tarde, en 1996, Davidson foi adquirida por CUC, que á súa vez se fusionou con HFS Corporation en 1997 para formar Cendant Software.
Por problemas de fraude, Blizzard foi vendida a Havas en 1998 e finalmente a Vivendi. Ante as pretensións de Vivendi de poñer á venda Blizzard, Erich Schaefer, Max Schaefer, David Brevik e Bill Roper, pesos pesados dentro de Blizzard, remitiron unha carta a Vivendi pedindo explicacións sobre o futuro da empresa, coa ameaza de abandonala. Ante o silencio de Vivendi finalmente deixaron a empresa en xullo de 2003.
En 2007 Vivendi adquiriu Activision e en 2008 creou a filial "Activision-Blizzard"
Bill Roper, actual responsable de Flagship Studios, era o vicepresidente de Blizzard, e o pai da saga Diablo. Ademais prestou a súa voz na narración da versión inglesa da saga Warcraft, realizando ademais a locución dos footman das tres versións existentes.
Actividade Desde o lanzamento de Warcraft: Orcs & Humans en 1994 os xogos que comercializaron tiveron un grande éxito debido ó seu acabado, ó seu soporte técnico, a súa adaptación a Mac OS X e as súas innovacións conceptuais. De acordo coa súa política de calidade, Blizzard Entertainment cancelou unha das súas creacións: a aventura gráfica baseada no mundo de Warcraft, Warcraft Adventures: Lord of the Clans. Igualmente en 2006 foi detido o proxecto Starcraft: Ghost que levaba varios anos en desenvolvemento. Blizzard argumentou que estaba sendo desenvolvido para as consolas (PlayStation 2, GameCube e Xbox), e ante a chegada da nova xeración de plataformas (PlayStation 3 e Xbox 360) o xogo quedara algo desfasado. Finalmente anunciaron que Ghost sería posposto para posteriores datas. Tamén en 2006 anunciouse o desenvolvemento da expansión de World of Warcraft, World of Warcraft: The Burning Crusade.
En 2007 Blizzard fixo público o desenvolvemento de StarCraft II. Ademais está traballando na nova expansión do World of Warcraft, World of Warcraft: Wrath of the Lich King.
O 28 de xuño de 2008, durante a Worldwide Invitational en París, Blizzard anunciou a terceira entrega da serie Diablo.
Títulos The Lost Vikings (1992). Videoxogo de plataformas Rock N' Roll Racing (1993). Videoxogo de carreiras Blackthorne (tamén chamado Blackhawk) (1994). Videoxogo de plataformas The Death and Return of Superman (1994). Beat 'em up de scroll horizontal Warcraft: Orcs & Humans (1994). Videoxogo de estratexia en tempo real. Justice League Task Force (1995). Videoxogo de loita un contra un. The Lost Vikings II (1995). Videoxogo de plataformas. Warcraft II: Tides of Darkness (1995). Videoxogo de estratexia en tempo real. Warcraft II: Beyond the Dark Portal (1996). Expansión. Diablo (1996). Videoxogo de rol. Diablo: Hellfire (1998). Expansión StarCraft (1998). Videoxogo de estrategia en tempo real de ciencia ficción. StarCraft: Brood War (1998). Expansión. Warcraft II: Battle.net Edition (1999). Relanzamento. Diablo II (2000). Videoxogo de rol. Diablo II: Lord of Destruction (2001). Expansión. Warcraft III: Reign of Chaos (2002). Videoxogo de estrategia en tempo real. Warcraft III: The Frozen Throne (2003). Expansión. World of Warcraft (2004). Videoxogo de rol multixogador masivo. World of Warcraft: The Burning Crusade (2007). Expansión. World of Warcraft: Wrath of the Lich King (2008). Expansión
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial de Blizzard
Categoría:Compañías de videoxogos