O berberecho, croque, crica, birbiricho ou chícaro é un molusco da familia dos cardiidae, de nome científico Cerastoderma edule (Linné, 1758). Non se recoñecen subespecies.
Ten as valvas de xeito case circular, posuíndo entre 22 e 28 costelas ben marcadas. Vive soterrado en fondos lamacentos de area fina, próximo á superficie e preto da costa.
Etimoloxía O termo galego berberecho provén do grego: βέρβερι, ostra das perlashttp://lema.rae.es/drae/?val=berberecho Etimoloxía e definición do termo berberecho no dicionario da RAE.
Descrición A cuncha do berberecho común é de cor branca amarelenta, habitualmente con liñas escuras e presenta de 22 a 28 costelas radiais moi pronunciadas, ásperas e largas, as cales se encontran cruzadas por raias concéntricas e espiñas escamentas. A súa forma é globosa, case triangular e pode chegar a alcanzar os 6 cm.
Distribución e hábitat Atópase amplamente estendido polo océano Atlántico, desde o mar de Barents e o mar Báltico ao longo da costa atlántica europea até Mauritania, en África occidental, así como no mar Mediterráneo suroccidental, onde é considerado como raro. Encóntrase en fondos pantanosos, areosos e de grava, habitualmente baixo a superficie do fondo.
Comportamento Reprodúcese por medio de larvas peláxicas, e a diferenza doutras especies da súa familia, é unisexual. No mar do Norte encóntrase xunto ao berberecho verde (Cerastoderma glaucum), pero non se rexistrou hibridación, debido posiblemente á incompatibilidade entre os gametos de ambas especies.
Os berberechos comúns son capaces de dar saltos, apoiándose co seu pé no fondo e estricándoo de golpe poden saír proxectados até medio metro de distancia.
Festas gastronómicas
Festa do Mexillón e do Berberecho, en Vilanova de Arousa (2º domingo de agosto)
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de bivalvos de Galicia Ligazóns externas Ficha en pescaderiascorunesas.es
Categoría:Veneroideos Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Marisco Categoría:Moluscos de Galicia