Charles Albert Browning, Jr., máis coñecido como Tod Browning, nado en Louisville (Kentucky), o 12 de xullo de 1882 e finado en Hollywood (California), o 6 de outubro de 1962, foi un director e actor norteamericano.
Traxectoria Desenvolveu o seu traballo artístico tanto na era sonora do cinema como na muda. Non obstante, o recoñecementeo chegoulle unicamente polas súas obras dentro do xénero do terror como Dracula (1931), filme que rodou con Béla Lugosi, ou Freaks (1932). Browning foi un director moi prolífico que realizou aproximadamente 60 traballos como director picando distintos xéneros.
Categoría:Actores de Kentucky Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Louisville, Kentucky Categoría:Nados en 1882 Categoría:Finados en 1962