Triángulo pode facer referencia a:
Na xeometría: Triángulo, polígono de tres lados e tres ángulos. Triángulo sagrado exipcio, un triángulo rectángulo cuxos lados gardan a relación 3, 4, 5. Triángulo Bézier, unha superficie xeométrica cucos lados son curvas de Béizer. Triángulo de Sierpinski, un fractal que se pode construír partindo dun triángulo.
Nas matemáticas: Triángulo de Pascal ou Triángulo de Tartaglia, conxunto ordenado de números enteiros.
Na astronomía: Triangulum, constelación do hemisferio norte. Triangulum Australe, pequena constelación do hemisferio sur. Triangulum Minor, constelación obsoleta que estaba situada ó sur da actual Triangulum.
Na xeografía e historia: Triángulo de Hala'ib, unha zona de 20,580 km² situada na fronteira entre Exipto e Sudán, con disputas de soberanía. Triángulo de Kionga, un pequeno territorio africano, duns 1.000 km², fronteirizo dos actuais Mozambique e Tanzania. Triángulo da morte, unha zona de Irlanda do Norte coñecida pola violencia que viviu. Triángulo de ouro, área de Colombia, formada polas súas tres principais cidades: Bogotá, Medellín e Cali. Triángulo Suní, unha zona xeográfica en Iraq situada ao noroeste de Bagdad, maioritariamente sunita. Triángulo do Vaal, unha zona xeográfica en Suráfrica famosa pola contaminación do aire e as enfermidades respiratorias. Triángulo de Weimar, conformado por Polonia, Alemaña e Francia, estabelecido en 1991. Triángulo das Bermudas, zona xeográfica do océano Atlántico entre as illas Bermudas, Porto Rico e Fort Lauderdale. Triángulo de Formosa, área xeográfica nas proximidades da illa Miyake. Triángulo negreiro ou comercio triangular, unha rota comercial entre Europa, África e América, principalmente no século XVII.
Na simboloxía da Alemaña nazi: Triángulo vermello, símbolo para identificar aos presos políticos de esquerdas. Triángulo violeta ou Bibelforscher, para ás Testemuñas de Xehová. Triángulo rosa, asignado aos homosexuais. Triángulo negro, para persoas consideradas antisociais.
Outras cousas: Triángulo, instrumento musical de percusión. Triángulo de sinalización. Triángulo de Sábato, modelo político. Triángulo de Amor Bizarro, grupo galego de música.