Être et avoir (ser e ter) é unha película documental francesa de 2002, dirixida por Nicolas Philibert. Presenta un ano escolar dun profesor e a súa clase única, con rapaces de entre 4 e 11 anos, nunha escola de Saint-Étienne-sur-Usson, na rexión de Auvernia.
Être et avoir foi ben acollida pola crítica, que eloxiou a súa sinxeleza e subliñou a emoción xerada polos actores. O traballo de montaxe de Nicolas Philibert foi premiado cun César e a película recibiu numerosos premios. Para sorpresa do director, a película tamén foi ben acollida polo público, e foi vista por case dous millóns de espectadores en Francia e máis dun millón nos dezasete países onde foi estreadaEtre et avoir dépasse le million d'entrées dans le monde en Unifrance. É a vixésima película mais vista no ano 2002 no cine en Francia, e representa o maior éxito en sala de proxección dun documental que non trate de animais L'année cinéma 2002 en France: le bilan, AlloCiné..
Posteriormente, co éxito, a película foi obxecto de controversia cando, o profesor e familias dos nenos filmados estimaron ser vítimas de abuso polo director e esixiron a súa participación nos beneficios da película e o dereito sobre o uso comercial da súa imaxe. Isto reabriu o debate sobre o porvir dos documentais.
Sinopse A película abre cunha secuencia na cal dúas tartarugas andan camiñando polo piso da sala de clases, baleira antes da apertura da escola e, a continuación, sobre a recollida dos alumnos por unha mañá de neve.
Produción Nacemento do proxecto A aprendizaxe da lectura e a cuestión de «vivir xuntos» é un tema que o director Nicolas Philibert sempre quixo versarEntrevista: Être et avoir, AlloCiné, 28 de agosto de 2002. Na primavera de 2000, o seu desexo era lograr realizar un documental sobre o mundo rural e, en particular, sobre as dificultades financeiras atopadas por algúns campesiñosA propos du film , Nicolas Philibert, texto do dossier de prensa, 2002.. Foi facendo esta exploración como tivo a idea de producir unha película sobre a vida dunha escola dunha pequena aldea.
Elección da escola Nicolas Philibert quería unha escola situada nunha zona rural, de cadeas montañosas que tivese longos e duros invernos, e a súa elección caeu no Macizo Central. A escola debería ter unha soa clase, de efectivo reducido e incluír alumnos de todos os cursos do ensino primario francés, é dicir desde o curso coñecido como CP (Cours Préparatoire, curso preparatorio) ata o curso CM2 (Cours Élémentaire 2ème année, curso elemental de segundo ano). A clase tamén tería que ser unha sala ampla para que o equipo de rodaxe puidese moverse sen importunar ó profesor e os alumnos, e que a luz fose suficiente para non necesitar iluminación artificial. A investigación durou cinco meses localizando 400 escolas e visitando un centenar delas. A elección de Nicolas Philibert centrouse na escola de Saint-Étienne-sur-Usson, no departamento do Puy-de-Dôme no corazón do parque natural rexional Livradois-Forez.
Rodaxe A rodaxe celebrouse entre decembro de 2000 e xuño de 2001, cunha duración total de dez semanas repartidas en seis períodosDans une classe à part; Le documentaire de Nicolas Philibert fait un tabac en France, Le Soleil, article repris par L'Infobourg.. Co fin de darse a coñecer e facerse aceptar pola clase, o equipo de rodaxe, constado por catro persoas, Nicolás Philibert, un jefe operador, un asistente cámara e un enxeñeiro do son, pasou o primeiro día explicando para que servía todo o material. Durante as diferentes sesións de rodaxe, o realizador tomou notas sobre a progresión dos alumnos, as tempadas, os cambios climáticos e o tempo, e tamén filmou planos longos en exteriores co fin de darlle o ritmo de vida á escola correspondente ao curso dun ano.
O asunto Être et avoir Un procedemento xudicial opuxo ó mestre de escola, protagonista do documental, aos produtores da película. Georges Lopez reivindicaba un dereito de autor sobre o curso dado aos seus alumnos tal como esta reproducido no documental, un dereito de autor sobre o documental mesmo como autor do texto falado, e os dereitos como artista-intérprete da película. Afirmaba tamén que o seu dereito á imaxe padecera. O xulgado de primeira instancia de París rexeitou as súas demandas o 27 de setembro de 2004, porque non expresara as súas reivindicacións antes da rodaxe do documental. O tribunal de apelación de París confirmou este xuízo o 29 de marzo de 2006 considerando que o curso oral dado aos seus alumnos non refacía obras do espírito protexidas polo código francés da propiedade intelectual e que o personaxe dunha película documental non pode estar considerado como un intérprete, nin como un coautor porque a parte de creación nunha película documental é debida ás soas eleccións feitas polo realizador e o equipo de produción. O tribunal considerou por fin que o mestre de escola tiña claramente, aínda que tacitamente, consentido na utilización da súa imaxe na película, incluído nas súas utilizacións derivadas.
Recompensas e nomeamentos Être et avoir foi seleccionado por numerosos festivais e conseguiu tres premiosÊtre et avoir - fiche complète.,Les Étoiles d'Or récompenses Être et avoir , CinéMovies, 23/03/2003.The European Film Awards 2002 - The Winners .Être et avoir obtient le Prix Louis Delluc 2002, Unifrance..
Recompensas César du meilleur montage para Nicolas Philibert do ano 2003 Prix Louis-Delluc do ano 2002 Étoile d'or du film no ano 2003 Prix du cinéma européen - categoría "documentaire" (documental) Festival de Valladolid 2002 - Premio « Tiempo de historia » Grande premio do Festival du film français de Florence (Festival do cine francés de Florencia) Premio de Tübingen do Festival du film francophone de Tübingen (Festival do cine francófono de Tübingen)
Nomeamentos Festival de Cannes 2002: selección oficial - fóra de competición Festival de Cannes 2002: mercado da película César do cine francés 2003: Mellor director de cine Mellor filme do ano Mellor montaxe Festival international du film de Toronto 2002: Real to Real Festival international du film de Pusan 2002: película seleccionada Festival du cinéma français de Prague 2002: película seleccionada Festival du film français d'Athènes 2003: longametraxe seleccionada Festival de Cinema de Nova York 2002: película francesa seleccionada Festival du film français de Richmond 2003: curtametraxe Festival international du film de Melbourne 2002: películas francesas seleccionadas Festival international du film de Rotterdam 2003: selección oficial de longametraxes Viennale 2002 : selección oficial de longametraxes French Film Festival UK 2003: selección Festival international du film d'Istanbul 2003 Mostra de cinéma de São Paulo 2002: películas seleccionadas Festival du cinéma français de Sydney 2003: programa curtametraxes Festival du film français de Yokohama 2003: longametraxes
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial Être et avoir na Internet Movie Database
Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de 2002 Categoría:Documentais Categoría:Filmes sobre educadores