A Comarca de Alcántara é unha das comarcas de Estremadura (España). Está situada no cantón oeste da provincia de Cáceres, lindando na súa parte noroccidental con Portugal. O río Texo, que a atravesa de leste a oeste pártea practicamente en dúas metades, septentional e meridional. O seu nome histórico era "Tierra de Alcántara".
Datos básicos A área da comarca atinxe 1.703,17 km² e a súa poboación total en 2007 era de 10.766 habitantes.
Capitalidade A súa capital, como centro alministrativo, é Alcántara.
Localidades Está formada polas seguintes poboacións: Alcántara Brozas Ceclavín Estorninos Mata de Alcántara Navas del Madroño Piedras Albas Portezuelo Villa del Rey Zarza la Mayor
Galería fotográfica
Alcántara Comarca de Alcántara