miniatura|Cristián IX de Dinamarca.
Cristián IX de Dinamarca, nado en Gottorp o 8 de abril de 1818 e finado en Copenhaguen o 29 de xaneiro de 1906, foi un monarca dinamarqués, cuarto fillo home do duque Wilhelm de Schleswig-Holstein-Sonderburg-Beck e da landgravine Luísa Carolina de Hesse.
Traxectoria Foi rei de Dinamarca de 1863 a 1906. Recibiu os títulos de Rei dos vendos e dos godos, Duque de Schleswig, Conde de Holstein, Storman, Ditmarschen, Lauenborg e Oldenburg, ao ser elixido como rei despois da extinción da máis antiga liña dos Schleswig-Holstein-Sonderburg-Glücksburg, familia que rexera os destinos de Dinamarca por centos de anos. Asumiu o trono tras a morte do rei Frederico VII de Dinamarca. Casou en 1842 en Amalienborg coa princesa Luísa de Hesse-Kassel. Foron pais de: Frederico VIII de Dinamarca. Xurxo I de Grecia. Alexandra, casada co rei Eduardo VII de Inglaterra. Dagmar, casada co emperador Alexandre III de Rusia. Thyra, nora do rei Xurxo V de Hannover.
Está enterrado en Roskilde.
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Reis de Dinamarca Categoría:Nados en 1818 Categoría:Finados en 1906 Categoría:Nados en Schleswig-Holstein