Santa María da Pena Folenche é unha parroquia do concello da Pobra de Trives na comarca da Terra de Trives, na provincia de Ourense. No ano 2016 tiña 27 habitantes (14 homes e 13 mulleres).Páxina do INE onde se pode seleccionar a provincia e parroquia a consultar

Patrimonio Os sequeiros utilizábanse para secar as castañas que se collían nos castiñeiros próximos. Agora son casas para visitar, aínda que gran parte delas están sendo restauradas.

O topónimo Pena provén da gran pedra que hai no centro da aldea, que serve de miradoiro das montañas ourensás. A lenda conta que dentro da gran penela hai un pasadizo que leva a unha cova onde se encontra un tesouro que agocharon alí os mouros.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Pena Folenche

Parroquias da Pobra de Trives

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares da Pobra de Trives

Categoría:Parroquias da Pobra de Trives Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María