Santa María de Mirallos é unha parroquia do concello da Peroxa na comarca de Ourense, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 120 habitantes (60 homes e 60 mulleres), sete menos ca en 2006.
miniatura|Igrexa parroquial de Mirallos. Patrimonio
Ademais da igrexa parroquial de Santa María está a capela de San Nicolao, na que se celebra a romaría da Virxe da Saúde cada terceiro domingo de setembro. A romaría comeza coa novena previa, con misas todos os días. O venres á noite celébrase unha procesión de fachos. O terceiro sábado de setembro sóbese a Virxe da Saúde en procesión dende a igrexa parroquial ata a ermida de San Nicolao, e báixase de volta o sábado seguinte.
Tamén se celebran outras festividades, como o Santo Antonio o 13 de xuño e o San Benito o 11 de xulloFestas e Romarías , na páxina web do Concello da Peroxa.
Toponimia Segundo Nicandro Ares Mirallos vén do antropónimo gótico , serían as súas posesións.
Lugares e parroquias
Lugares de Mirallos
Parroquias da Peroxa
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares da Peroxa
Categoría:Parroquias da Peroxa Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía