Santa María do Cebreiro é unha parroquia do concello de Pedrafita do Cebreiro na comarca dos Ancares, na provincia de Lugo. No ano 2013 tiña 146 habitantes, deles 78 eran homes e 68 eran mulleres.
O seu topónimo procede do latín CEBRARIUM, "lugar onde hai moitos asnos bravos", tamén chamados onagros e "cebros" <(e)quos feros + o sufixo abundancial -arium>Cabeza Quiles, F (2008): Toponimia de Galicia. Vigo, Editorial Galaxia. ISBN 978-84-9865-892-1. Páxs. 326, 428 e 492..
Patrimonio A igrexa parroquial é o Santuario de Santa María a Real do Cebreiro, de estilo prerrománico e datado no século IX. Ten nave rectangular, cuberta a dúas augas e cuberta de tella. Foi fundada polo Conde de Aurillac e é un dos monumentos máis antigos do Camiño de Santiago atribuíndoselle unións á lenda do Santo Graal. No interior atópanse unha pía bautismal do século XVIII e un cáliz do século XII.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares do Cebreiro
Parroquias de Pedrafita do Cebreiro
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Pedrafita do Cebreiro
Categoría:Parroquias de Pedrafita do Cebreiro Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía Categoría:Localidades do Camiño Francés Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María