Santa Baia de Banga é unha parroquia do concello do Carballiño na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 81 habitantes (37 homes e 44 mulleres), dous menos ca no ano anterior.
Patrimonio A igrexa de Santa Baia de Banga é de orixe románica e foi reconstruída en diferentes épocas, a última delas no século XIX. Destacan os modillóns que sosteñen a cuberta decorada con motivos antropomorfos e zoomorfos. No seu interior consérvase un excepcional ciclo de pinturas murais baseadas nos gravados da Emblemata de Andrea Alciato. Estudadas polos profesores Xosé Manuel García Iglesias e Andrés Antonio Rosende Valdés, unha nova achega do profesor José Manuel B. López Vázquez dá unha análise moi convincente baseada en textos de Isaías e Xeremías."La Emblemata de Alciato y el programa iconográfico de la capilla mayor de Santa Baia de Banga", en Cuadernos de Estudios Gallegos, LXIII, Núm 129 (2016), pp. 343-385). Pazo de Banga, da familia Quiroga, onde residiu Emilia Pardo Bazán.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Banga
Parroquias do Carballiño
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Lugares do Carballiño
Categoría:Parroquias do Carballiño Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Baia