Louredo é unha parroquia do concello de Maside na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2022 tiña 139 habitantes (72 homes e 67 mulleres), 84 menos ca en 1999.
Etimoloxía O topónimo Louredo vén do latín (de , "loureiro") máis o sufixo abundancial -, polo que é un fitónimo que fai referencia a un lugar onde hai dita planta.
Patrimonio Igrexa románica do s. XII de importancia decorativa. Conta cunha ábsida semicircular na que se abren tres baleiros enmarcados por arcos de medio punto, esquema decorativo propio do románico rural e que se repite tamén na portada principal. No interior atópanse restos de decoración mural da época medieval. Tamén ten unha pía bautismal con figuras en relevo. Entre as esculturas cabe mencionar a de Santiago, San Mauro, San Rosendo, San Bieito e unha Virxe co neno. Festas As festas de Sta. María de Louredo festéxanse os días 24 e 25 de agosto de cada ano. Estas festas honran principalmente a S. Bartolomeu (24) e a S. Antonio (25). A noite do 24 ao 25, ás 24h, acostúmase a tirar fogos artificiais, na que, ao remate, aparecerá a imaxe de San Bartolomeu.
Fonte Conta cunha fonte que data de 1952, que segue producindo auga procedente dun manancial, onde os veciños acostuman a coller auga. Nos meses de verán apenas produce auga.
Poboación
199922320002242001218200221520032152004214200520720062032007200200821320092062010200201119020121862013174201416720151642016157201714620181462018137202013420211352022139
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Louredo
Parroquias de Maside
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Maside
Categoría:Parroquias de Maside Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María