Como topónimo Riobó é un hidrónimo de carácter valorativo, e fai referencia a un curso fluvial bo. Pode referirse a:
En Galiza Riobó, parroquia do concello da Cabana de Bergantiños; Riobó, lugar da devandita parroquia; Riobó, parroquia do concello da Estrada; Riobó, parroquia do concello de Rodeiro; Riobó, lugar da parroquia de Osmo, no concello de Cenlle; Riobó, lugar da parroquia de Santa María Alta, no concello de Lugo; Riobó, lugar da parroquia de Laro, no concello de Silleda; Riobó, lugar da parroquia de Negreiros, no concello de Silleda; Riobó, lugar da parroquia de Meirás, no concello de Valdoviño; Riobó, lugar da parroquia de Prado, no concello de Vilar de Barrio.
Amais, como apelido, pode referirse a:
Manuel Riobó Guimeráns, médico e político galego (1860-1933); Didio Riobó Bustelo, médico e político galego, fillo do anterior (1888-1936).
Pazo de Galiza Pazo de Riobó, situado en Riobó (Osmo, Cenlle).
Véxase tamén Outros artigos
Riobó, grupo de folk galego.