Atom Rhumba é unha banda vasca formada en Bilbao en 1996. O son que producen é moi ecléctico, que vai dende un soul ou blues até o rock clásico e o punk rock.

Todos os seus membros proveñen da área do gran Bilbao, sufrindo varios trocos de formación, e onde Rober!, o cantante e principal compositor, levou o temón dende os seus inicios.

Teñen a sona de facer bos espectáculos en directo, polo que son ben descritos pola crítica especializada.

Formación actual Rober!: voz, guitarra e teclado Jabi: baixo Natxo: batería Alvaro Segovia: guitarra Joe González: saxo tenor Íñigo "CabezaFuego": teclado e maracas

Discografía Álbums Amateur Universes (2006, Oihuka). Concrete Mixer (2005, Munster Records). Remesturas de Backbone Ritmo por Dj Amsia e Carlotta Lotta Love, Templar & Birdy, Kaki Arkarazo, Javi P3z, Akauzazte, Xabier Erkizia, Josetxo & Murky, Manta Ray, Javi Letamendia e -Gailu con Anari. Backbone Ritmo (2003, Munster Records). Chasin' The Onagro (2001, Munster Records). Producido por Mick Collins. Dirt Shots (2000, Munster Records). Hormonal Riot (1997, Munster Records).

Sinxelos e EPs Gone (Munster Records, 2004). Maxi-single con remesturas de «Gone». "Techno Boy"/"Gimme Chaos" (Munster Records, 2004). CD single. "Bad Record"/"No Square" (1996, Alehop!)

Álbums compartidos Josetxo Anitua & Atom Rhumba(2005, Noizpop Records) Gravado en concerto con Josetxo Anitua como cantante. É un disco formado exclusivamente de versións de Doc Pomus, Marc Bolan, Velvet Underground, Caetano Veloso, Jonathan Richman & The Modern Lovers, Them e Art Ensemble of Chicago.

Participacións súas en recompilatorios «Downtown», en Again... This One's For Johnny 10 (Munster Records, 2001). Tributo a Johnny Thunders) «Evil Hearted Ada», en Groovin' Round The World: A Tribute To The Flamin' Groovies (Safety Pin Records, 2000, SPCD-010/11). «Party Dress», en La Cagarruta Sónica (Discos Alehop!, 1997) «Lightning's Girl», en Tribute To Nancy Sinatra Vol. 2 (Munster Records, 1998, ref. 7111). 7". «Calypso», en Punkin''' (Munster Records, 1997).

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio oficial de Atom Rhumba Concerto de Atom Rhumba en Todomusicaymas Fotografías Bilbao 2007

Categoría:Grupos musicais do País Vasco Categoría:Grupos musicais de garage rock Categoría:Artistas de Oihuka Categoría:Grupos musicais formados en 1996