San Martiño de Xuvia ou O Couto é unha parroquia do concello de Narón na provincia da Coruña. Segundo o IGE en 2024 tiña 1.376 habitantes (690 homes e 686 mulleres), o que supón unha diminución en relación ao ano 2003 cando tiña 1.574 habitantes.

Toponimia A orixe do topónimo é o latín , que é un "(lugar) cercado", para poder defendelo mellor.Moralejo Laso, A. (1977): Toponimia gallega y leonesa. Santiago_de_Compostela: Editorial_Pico_Sacro, páx. 41 ISBN 84-85170-20-2

Situación Está situado no sur-sueste do concello. Limita ao norte co barrio de Piñeiros, do que o separa de forma natural o río Freixeiro, e a ría de Ferrol; ao sur e ao leste coa propia ría de Ferrol, e ao oeste cos barrios do Alto do Castaño e A Gándara.

A parroquia de San Martiño de Xuvia foi a orixe de todas as outras que hoxe forman o núcleo urbano de Narón, xa que a medida que se foi asentando poboación nestes barrios, foron segregándose da súa matriz para dar orixe a novas parroquias. Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Lugares de interese Mosteiro do Couto. Mosteiro en estilo románico do século XII. Muíño das Aceas. Muíño que funcionaba coas mareas. Castro do Petouzal ou do Couto que dá nome ao lugar.

Imaxes do Couto

Lugares e parroquias

Parroquias de San Martiño de Xuvia

Parroquias de Narón

Notas

Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía Categoría:Parroquias de Narón