+ AB Doradus A/B/C Constelación Dorado Ascensión recta α 05h 28min 44.8sDeclinación δ -65º 26’ 55’’Distancia 48,7±0,4 anos-luzMagnitude visual +6,93 / +13,0 / ?Magnitude absoluta +6,06Tipo espectral K2V / dM3-4e / M8Velocidade radial + 28 km/s miniatura AB Doradus (HD 36705 / HIP 25647)Datos astronómicos de AB Doradus (SIMBAD) é un sistema estelar que se atopa a 48,7 anos luz na constelación austral de Dorado. A estrela principal é unha estrela fulgurante, de aí a denominación denominación de estrela variable AB.

A estrela principal AB Doradus A, anana laranxa de tipo espectral K2V, ten unha velocidade de rotación 50 veces maior que o Sol, e en consecuencia posúe un campo magnético grande. . Posúe maior número de manchas solares que o Sol. Medidas da velocidade de rotación da estrela no seu ecuador amosaron que a velocidade varía co tempo debido o efecto de dito campo magnético.

AB Doradus B é unha anana vermella a 135 UA da compoñente A. AB Doradus C é unha compañeira moi próxima a estrela principal, a só 2,3 UA, cun período orbital de 11,75 anos. É unha das estrelas coñecidas con menor masa -93 veces a masa de Xúpiter- moi preto do límite de 75-83 veces a masa de Xupiter por debaixo da cal clasificaríase como unha anana marrón. A súa luminosidade é só unha milésima da do Sol.

O sistema é membro da chamada Asociación estelar de AB Doradus, composta por unhas 30 estrelas que se moven na mesma dirección e teñen unha idade similar.

Notas

Categoría:Estrelas ternarias Categoría:Estrelas fulgurantes Categoría:Constelación de Dorado