Amancio Ortega Gaona, nado en Busdongo de Arbas, municipio de Villamanín (León) o 28 de marzo de 1936, é un empresario galego da moda, creador de ZaraAmancio Ortega Gaona na web de Inditex. Como presidente de Inditex, é a persoa máis rica de Galiza e España, a 2ª de Europa e a 7ª do mundo segundo a revista Forbes en 2011, cunha fortuna calculada de 31.000 millóns de dólares. En 2017, calculouse a súa fortuna en 72 700 millóns de dólares, e levaba varios anos entre os cinco homes máis ricos do mundo. En xaneiro de 2011 anunciou que en xullo dese ano deixaría a presidencia do grupo téxtil, onde sería relevado por Pablo Isla.Amancio Ortega propón a Pablo Isla como novo presidente de Inditex , Galicia Hoxe, 10/1/2011.

Traxectoria Actividade profesional miniatura|esquerda|160px|Gala, fábrica de camisas. miniatura|Primeira tenda de Zara na rúa Juan Flórez da Coruña. Amancio Ortega Gaona, fillo de pais de orixe valisoletana, naceu en Busdongo de Arbas, unha aldea leonesa do concello de Villamanín. Amancio é o segundo de catro irmáns, dous homes e dúas mulleres: o maior, Antonio, faleceu en 1987; Josefina (Pepita) é a menor e Pilar falecida en 2000, que nunca formou parte do negocio téxtil da familia. Aos tres meses marchou con eles a Tolosa, onde viviu ata 1944. Nesa altura destinaron a seu pai, xefe de estación de ferrocarril, á Coruña, onde marchou, e onde con catorce anos comezou a súa carreira no mundo do téxtil como empregado de dúas coñecidas tendas de roupa: a camisería Gala onde traballa tres anos e a mercería La Maja a onde vai traballar cos seus irmáns con dezasete anos"Seis millonarios de la nada", artigo en El Mundo ..

É en 1963 cando crea coa axuda dos seus irmáns a compañía Confecciones GOA (as súas iniciais en sentido inverso), dedicada á fabricación de batas. O negocio crece progresivamente nesta década, e coa súa muller daquela, Rosalía Mera, funda Zara como empresa. En 1975 ábrese a primeira tenda de Zara na céntrica rúa de Juan Flórez, na Coruña. Os seus establecementos comezan a abrirse por toda España e o mundo. Co aumento do volume de actividades da empresa, en 1985 créase o grupo Inditex, para acoller as distintas empresas da confección e a distribución que posúe.

Ademais do negocio téxtil, Ortega diversificou a súa iniciativa empresarial cara a outros sectores industriais como o inmobiliario, o financeiro, os concesionarios de automóbiles ou a xestión de fondos de investimento.

Vida persoal miniatura|Escola infantil de Esteiro, Ferrol. Fundación Amancio Ortega. Refuxiado na normalidade e obsesionado polo anonimato, toda a súa vida e ata o seu rostro foron durante moitos anos un dos segredos mellor gardados. Nunca concedeu unha entrevista, aínda que si ten colaborado nalgún libro biográfico. Entre as súas afeccións coñecidas destacan a hípica, os automóbiles e a pintura.

Marcos, o único fillo home de Ortega, naceu cunha grave discapacidade e o empresario e mais a muller daquela, Rosalía Mera, promoveron a creación da Fundación Paideia, unha institución de integración de discapacitados. Separouse en 1986 e despois casou con Flora Pérez Marcote, con quen tivo unha filla, Marta Ortega, quen é presidenta do grupo empresarial desde o ano 2022, desenvolvendo diversos traballos en empresas do grupo previamente.

En 2001 crea a Fundación Amancio Ortega, institución privada sen fin de lucro que promove actividades no campo da cultura, a investigación, a educación e a ciencia.

É propietario do pazo de Anceis en Anceis, e o impulsor das instalacións hípicas de Casas Novas, en Larín.

No ano 2012 Amancio Ortega, a través da fundación que leva o seu nome, realizou unha doazón a Cáritas por valor de 20 millóns de euros, que nese momento se calculou que supoñía o 0,05% do seu patrimonio.La Fundación Amancio Ortega dona veinte millones de euros a Cáritas. laopinioncoruña.es Calcula cuánto donarías si hicieras como Amancio Ortega con Cáritas En 2017 doou 300 millóns de euros para equipamento contra o cancro.

Honras 35px Medalla Castelao, 1992 50px Cruz de la Orden del Mérito Civil, 2009Amancio Ortega, condecorado por el Gobierno con la Gran Cruz de la Orden al Mérito Civil. leonnoticias.com

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Páxina web da Fundación Amancio Ortega e

Categoría:Nados en 1936 Categoría:Nados en Villamanín Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Inditex Categoría:Medallas Castelao Categoría:Empresarios do sector téxtil Categoría:Arteixo Categoría:Deseñadores de moda de Galicia Categoría:Grandes cruces da Orde do Mérito Civil