Luis Rodríguez Rodríguez, nado en Lugo en 1931 e finado na mesma cidade o 12 de abril de 2021,La Voz de Galicia, Lugo, 14-4-2021, p. l2. foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria A súa infancia e adolescencia transcorreron na cidade das murallas. Foi a Madrid a cursar estudos universitarios, chegando a obter o título de Graduado Social. De novo en Lugo, en 1963 ingresou no xornal El Progreso e comezou a súa extensa vida xornalística que se estendeu ata 1996. Ademais participou a inicios dos 70 nos xurados do Festival de Cine Afeccionado do Círculo das Artes, que presidiu en 1971.
Na década dos 60 participou na constitución do Cineforum Lugo, do Club Cultural Valle-Inclan e organizou a primeira exposición do grupo "A Gadaña" que dirixía Raimundo Patiño. Entrou en contacto con Ánxel Johán da man do seu fillo, Ángel González Doreste, o seu grande amigo xunto a Iglesias Requejo. Durante case preto de vinte anos asistiu aos faladoiros con Celestino Fernández de la Vega e Ánxel Fole no Café España e, despois, no Lugo Bar, Alameda e Madrid. Nesas charlas coñeceu a moitos asiduos da fala como Ramón Piñeiro, Aníbal Otero, Uxío Novoneyra, e outros que entón eran considerados novos valores como Camilo Gonsar, Xosé Luís Méndez Ferrín, Arcadio López Casanova e Manuel María.
É autor dun importante número de artigos xornalísticos, especializados e de crítica literaria. Foi galardoado en dúas ocasións co Premio Meigas e Trasgos cos traballos Apuntes para unha Historia Social de Sarria e Gregorio Fernández, a súa persoa e súa obra. Tamén obtivo o Premio Convivio en Guimarães por Apuntes para unha historia social de Xermade.
En abril de 2005, nun novo esforzo da súa implicación cos movementos asociativos, foi membro fundador da Asociación de Estudos Filosóficos Doutor Castro, dedicada á difusión da filosofía en galego e ao estudo das obras completas do ilustrado lugués Juan Francisco de Castro Fernández.
Obras
El campesino lucense y el señorío eclesiástico, Lugo, 1977.
Los liberales lucenses (1808-1854), Sada, 1981.
Manuel Becerra, ministro das colonias, Sada, 1998.
Matías López, espejo de empresarios, A Coruña, 2001.
Galicia, dous mil anos de Idade Media, 2010.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas "Los liberales lucenses (1808-1854)" artigo en galegos.info
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Xornalistas de Lugo
Categoría:Nados en Lugo
Categoría:Nados en 1931 Categoría:Finados en 2021 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes