Constantino García González, nado en Oviedo o 20 de xulloRicardo Carvalho Calero, na súa resposta ao discurso de recepción a Constantino García na Real Academia Galega, menciona a data de 20 de setembro (páx. 25). de 1927 e finado en Santiago de Compostela o 23 de outubro de 2008, foi un lingüista e escritor galego de orixe asturiana.

Traxectoria Logo de formarse nas universidades de Oviedo, Complutense de Madrid e Bonn, en 1965 chegou á Universidade de Santiago de Compostela para ocupar unha praza na facultade de Filosofía e Letras. Foi un dos fundadores do Instituto da Lingua Galega en 1971 e do Centro Ramón Piñeiro en 1993, e dirixiu ambas as institucións en diferentes etapas. En 1982 ingresa na Real Academia Galega, entidade da que foi secretario entre 1997 e 2001. Recibiu a Medalla Castelao, e foi nomeado Xuíz Honorario do Couto Mixto no 2002.

Nos anos oitenta foi codirector e copresentador na Televisión de Galicia do programa Cousas da lingua, un microespazo con comentarios lingüísticos. Moitos deses apuntamentos foron recollidos en libros. Foi ademais un dos impulsores e coautores do Atlas Lingüístico Galego e de diversas obras lexicográficas.

Nos últimos anos da súa vida, gravemente enfermo dun mal dexenerativo,"Finou Constantino García, fundador do ILG e do Centro Ramón Piñeiro", Vieiros, 24/10/2008 retirouse da actividade cultural e intelectual.

Obra Contribución a la historia de los conceptos gramaticales. La aportación del Brocense (1960). Léxico de la comarca compostelana (1974). Galego onte, galego hoxe (1976, Universidade de Santiago). Recantos da lingua (1982, La Voz de Galicia). Retrincos da lingua (1982). Glosario de voces galegas de hoxe (1985). Temas de lingüística galega (1985). Follas da lingua (1987). Cousas da lingua (1989). Cartafol da lingua (1990). Peneirando palabras (1990). Contribución ó léxico de Alvaro Cunqueiro (1991). Tesouros da lingua (1993). Glosas da lingua (1995). El castellano de Galicia (1998). Diccionario galego de termos médicos (2002, contribucións) O libro das palabras (2003).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Escritores de Asturias en lingua galega Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Lingüistas da lingua galega Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Medallas Castelao Categoría:Nados en Oviedo Categoría:Nados en 1927 Categoría:Finados en 2008 Categoría:Enciclopedistas de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Oviedo Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Profesores da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Académicos correspondentes da Real Academia Española