A lingua groenlandesa (kalaallisut), tamén chamada esquimó-groenlandés ou groenlandés-inuktitut, é unha lingua esquimó-aleutiana falada en Groenlandia e que está estreitamente relacionada con algúns idiomas canadenses como o inuktitut. O groenlandés, ao igual que as linguas coas que está emparentada, é de carácter altamente polisintético e ergativo. Case non ten palabras compostas.

No ano 2007 era falada por máis de 57.000 persoas, o que supón un número maior que o de todos os falantes das demais linguas esquimó-aleutianas xuntas. É a lingua oficial de Groenlandia, onde o dinamarqués ten un estatuto semi-oficial. O groenlandés está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Dialectos Existen tres dialectos principais do groenlandés:

Groenlandés oriental (Tunumiisut). Groenlandés occidental (Kalaallisut), é o máis importante dos dialectos. Groenlandés setentrional (Inuktun), falado preto da cidade de Qaanaaq (Thule), é máis semellante ao inuktitut canadense.

Características

Tipoloxía e morfosintaxe O groenlandés diferenza dous tipos de palabras abertas: substantivos e verbos. Cada categoría subdivídese en palabras transitivas e intransitivas. Distínguense catro persoas: 1ª, 2ª, 3ª e 3ª reflexiva; dous números: singular e plural (non hai dual como no esquimó); oito tempos: indicativo, participial, imperativo, optativo, subxuntivo pasado, subxuntivo futuro e subxuntivo habitual; dez casos: absolutivo, ergativo, ecuativo, instrumental, locativo, allativo, ablativo e perlativo. Para algúns nomes (nominativo e acusativo) os verbos teñen unha inflexión bipersonal para o suxeito e o obxecto (distinguidas por persoa e número). Os substantivos transitivos levan inflexión posesiva.

Como comparativa co esquimó, que en groenlandés é inuttut, unha das palabras máis característica do inuktitut é iglú, que en groenlandés se escribe illu.

Escritura

Alfabeto a, e, f, g, h, i, j, k, l, m, n, o, p, q, r, s, t, u, v

En contraste coas linguas esquimó-aleutianas do Canadá, o groenlandés escríbese co alfabeto latino e non co silabario esquimó. Un carácter especial, a letra Kra (), empregouse exclusivamente en groenlandés até que unha reforma ortográfica substituíuna pola letra q.

Mostra de texto

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Wikipedia en groenlandés Ligazóns externas Academia da Lingua groenlandesa Esquimó-groenlandés en ethnologue.com

Categoría:Linguas inuit Categoría:Linguas esquimó-aleutianas Categoría:Linguas de Dinamarca Categoría:Linguas aglutinantes