Free & Easy é o sinxelo número 26 da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, lanzado ó mercado o día 24 de abril do ano 2002 baixo o selo avex trax.
Información "Free & Easy", que foi escrita por Ayumi Hamasaki, composta por CREA e D·A·I, arranxada por HΛL, e mesturada por Yasuo Matsumoto, marca a entrada da artista nun novo estilo que pouco a pouco foi tomando, con ritmos e letras moito máis fortes e crúas (no videoclip da canción, Ayumi é condenada a morte, sendo queimada atada a un tronco e máis tarde sepultada), algo que sen dúbida marca esta canción.
O sinxelo inclúe versións orixinal e instrumental do tema que lle dá nome ó sinxelo, á parte de dúas remesturas do seu anterior álbum I am..., un con toques 2-Step e house remesturado por CMJK (pista 2) mais un cun toque máis de Trance, remesturado polos Warp Brothers (pista 3). Este foi o primeiro single que deixou de conter máis de catro cancións dende Boys & Girls no ano 1999.
A creación do tema é o resultado dunha repentina inspiración de Hamasaki e os seus produtores sentida tras participar na sesión fotográfica para a revista que, curiosamente, tamén se chamaba Free & Easy. A canción marca o inicio dunha nova etapa musical da artista, no que as súas composicións destacan polas súas fortes letras e tamén por un arranxo estilo gótico obra dos produtores HΛL. Nunha entrevista realizada pola páxina web oficial de Hamasaki, revelouse que chamaran anteriormente a outros músicos para que arranxaran o tema, pero tras escoitar o que HAL podía achegar á mensaxe da canción, foron escollidos.
Esta é a mensaxe escrita pola mesma Ayumi con respecto a esta canción:
O vídeo musical considérase un dos máis profundos en canto a unha mensaxe ocultoa, a pesar da súa simplicidade. Dentro deste, Ayumi é condenada a morte e, aínda que non se mostre o momento en cuestión, ó final aparece un ataúde no que supostamente esta o corpo da moza.
Lista de temas
# Título 1. Free & Easy "Original Mix" 2. Naturally "dolly remix" 3. Still alone "Warp Brothers Extended Mix" 4. Free & Easy "Original Mix -Instrumental-"
Posición nas listas
LanzamentoListaMáxima posiciónVendas totaisSemanas24 de abril de 2002Oricon Weekly Single Chart#1487,0009
Categoría:Sinxelos de 2002