miniatura|300px|Distritos de Portugal. Lista dos Distritos de Portugal: Distrito de Aveiro Distrito de Beja Distrito de Braga Distrito de Braganza Distrito de Castelo Branco Distrito de Coímbra Distrito de Évora Distrito de Faro Distrito da Guarda Distrito de Leiria Distrito de Lisboa Distrito de Portalegre Distrito do Porto Distrito de Santarém Distrito de Setúbal Distrito de Viana do Castelo Distrito de Vila Real Distrito de Viseu Rexión Autónoma de Madeira Rexión Autónoma dos Azores Lista dos antigos distritos portugueses: Distrito de Angra do Heroísmo Distrito de Funchal Distrito da Horta Distrito de Lamego Distrito de Ponta Delgada
Distritos en Portugal En Portugal un Distrito Administrativo ou, simplemente, Distrito, é unha división administrativa que data de 1835. Até entón o país estaba dividido en provincias, que se subdividían en comarcas. A Lei de 25 de abril de 1835 suprimiu as provincias e as comarcas e creou 17 distritos no continente e catro nas Illas Adxacentes. Á fronte de cada Distrito ficaría un Administrador-Xeral - a partir de 1840, designado por un Gobernador Civil.
Poucas mudanzas houbo dende entón; a mudanza de sede do distrito de Lamego, que pasou para Viseu, debido á súa posición máis central; e a creación do distrito de Setúbal, en 1926, autonomizado do distrito de Lisboa.
Os catro distritos sitos nas illas adxacentes - tres no arquipélago dos Azores (Angra do Heroísmo, Horta e Ponta Delgada) e un en Madeira (Funchal) - foron suprimidos coa entrada en vigor da Constitución de 1976, que lle concedeu unha autonomía rexional a través dos respectivos Estatuto Político-Administrativo da Rexión Autónoma dos Azores e Estatuto Político Administrativo da Rexión Autónoma de Madeira previstos na Constitución da República Portuguesa.
Por analoxía, o termo Distrito, en Portugal, podería ser entendido como correspondendo aos Estados brasileiros.
En Portugal a designación Distrito é tamén aplicada ás grandes divisións xudiciais do país, cada unha correspondendo a un Tribunal da Relação. Neste ámbito os distritos son chamados distritos xudiciais. Actualmente existen os Distritos Xudiciais de Guimarães, do Porto, de Coímbra, de Lisboa e de Évora.
Véxase tamén
Outros artigos Subdivisións de Portugal Rexións autónomas de Portugal