Bambi é un filme de animación en Technicolor, baseado no relato Bambi, unha vida no bosque (Bambi, ein Leben im Walde no orixinal en alemán), publicado en 1923 polo autor austríaco Felix Salten. É o quinto filme de animación producido por Walt Disney Pictures, estreado o 13 de agosto de 1942, e distribuído por RKO Radio Pictures nas salas de cinema dos Estados Unidos.

Os personaxes principais son Bambi, un cervo de cola branca, os seus pais (o Gran Príncipe do bosque e súa nai), os seus amigos Tambor (un coello de fociño rosado) e Flor (unha mofeta), e a súa amiga de infancia e futura compañeira, Faline. Para este filme, Disney decidiu cambiar a especie de Bambi dun corzo da historia na historia orixinal xa que é un animal que non vive en América para un cervo de cola branca que é máis familiar para americanos. Este filme foi premiado con tres Oscar, nas categorías de Mellor Son, Mellor Canción para Love Is a Song interpretada por Donald Novis e Mellor Banda Sonora.

Sinopse Bambi é a historia dun veado contada desde a súa percepción dos acontecementos. Cos seus amigos, como Tambor o coello ou Flor a mofeta, irá descubrindo sabias leccións ao respecto do amor e mais da vida. O perigo vén representado polo ser humano, que Bambi vai comprendendo a través de duras experiencias como a perda da nai, que cae abatida polos cazadores.

A versión animada da historia omite a varios personaxes do libro, tales como Gobo, Karus o Rono e mesmo pasa por alto certas incursións e encontros co Home. Por outra banda, os carismáticos personaxes de Flor e Tambor son invencións da Disney.

Personaxes Bambi, a personaxe principal do filme: Bobby Stewart como Bambi de bebé Donnie Dunagan como Bambi de pequeno Hardie Albright como Bambi adolescente John Sutherland como Bambi adulto Thumper, un amigo de Bambi: Peter Behn como Thumper de pequeno Tim Davis como Thumper adolescente Sam Edwards como Thumper adulto Paula Winslowe como nai de Bambi Flower, unha mofeta e outro amigo de Bambi: Stan Alexander como Flower de pequeno Tim Davis como Flower adolescente Sterling Holloway como Flower adulto Will Wright como Owl Faline, unha cerva da cal se namora Bambi: Cammie King como Faline de pequena Ann Gillis como Faline de adulta Fred Shields como Gran Príncipe do Bosque Margaret Lee como Mrs. Rabbit Mary Lansing como Tía Ena e Mrs. Possum Perce Pearce como Mr. MoleGez, Didier (2012). Walt's People-Volume 12: Talking Disney with the Artists who Knew Him. Xlibris. . P.59.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos

Bambi II

Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Cinema de animación Categoría:Filmes de 1942 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por David Hand Categoría:Filmes dirixidos por Bill Roberts Categoría:Filmes producidos por Walt Disney Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Filmes ambientados en América do Norte Categoría:Filmes sobre animais Categoría:Filmes preservados no National Film Registry