Modesto Barcia Lago, nado en Pontevedra o 10 de marzo de 1951, é un avogado e escritor galego.

Traxectoria Doutor en Dereito e licenciado en Filosofía e Ciencias políticas, ten unha ampla traxectoria como avogado, ademais de ser docente na UNED.

Foi decano do colexio de avogados de Pontevedra e membro do Consello Xeral da Avogacía. É presidente do Padroado do Instituto de Estudos Ibéricos da Avogacía, entidade que axudou a fundar en Porto en 2003. Ademais, é académico de honra da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación.

Obras En perspectiva, dos estudios de filosofía política: Rosa Luxemburgo-György Lukács-Karl Korsch, revolución rusa y Unión Soviética (1991) El sol y las erinias: filosofía política del judicialismo (1997) El Ilustre Colegio Provincial de Abogados de Pontevedra en el marco del desarrollo histórico de la abogacía española (1999) A iberidade: no silêncio profundo das raízes : ensaio verbo do ortograma xeopolítico ibérico (2006) Abogacía y ciudadanía. Biografía de la abogacía ibérica (2007)

Galardóns Cruz ao mérito no Servizo á Avogacía. Cruz de honra da Orde de San Raimundo de Peñafort.

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Avogados de Pontevedra Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1951 Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra Categoría:Concelleiros de Pontevedra Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes