San Salvador de Vilaúxe é unha parroquia do concello de Chantada na provincia de Lugo. Segundo o INE e o IGE en 2011 tiña 166 habitantes (79 homes e 87 mulleres). Ten dezaoito entidades de poboación e unha superficie de 7,75 km².
Toponimia O topónimo Vilaúxe ten orixe na forma Villa Ursi, derivado o segundo termo do antropónimo de orixe latina a partir da forma en xenitivo.
Patrimonio Igrexa de San Salvador de Vilaúxe, construída na primeira metade do século XIX.
Lugares e parroquias Lugares de Vilaúxe
Parroquias de Chantada
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lugares de Chantada
Notas
Categoría:Parroquias de Chantada Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Salvador