Orencio Pérez González, nado en Santa Eulalia de Trabazos (O Castro de Caldelas) en 1928 e finado en Vigo o 20 de setembro de 1998, foi un xuíz galego.
Traxectoria Licenciado en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela opositou e obtivo a praza de secretario de xulgado. Despois de traballar en Vigo, conseguiu entrar como xuíz na década dos oitenta e foi destinado a Mataró, onde aprendeu catalán e ditou sentenzas nesa lingua. A principios da década dos noventa, foi destinado a Vigo, onde foi un dos pioneiros do emprego do galego nos xulgados desa cidade. Foi un dos fundadores da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística.
Ten unha praza dedicada en Vigo e un monumento no Castro de Caldelas.
Véxase tamén Bibliografía Orencio Pérez González, A vocación galeguista dun xuíz, Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, ed. Pio García Edicións, 70 px. Arrequecer a endeita, Antoloxía de tres homes do dereito, Fundación Lois Peña Novo, 2007, 154 px.
Categoría:Xuíces de Galicia Categoría:Nados no Castro de Caldelas Categoría:Nados en 1928 Categoría:Finados en 1998