Xosé Fernández Barcia, nado en 1944 e finado o 13 de novembro de 2018, foi un político galego do BNG.
Traxectoria Obreiro e técnico de turbinas e reactores, estivo emigrado no Canadá. Á súa volta, encabezou as listas do BNG ao concello de Mugardos, e saíu elixido concelleiro en 1999. En 2003 conseguiu a alcaldía, que renovaría en 2007 e 2011, sempre con gobernos en minoría.
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Mugardos
Categoría:Alcaldes de Mugardos Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Galegos do Canadá Categoría:Nados en 1944 Categoría:Finados en 2018