O termo organismo pode facer referencia: A un ser vivo, tamén chamado organismo, un conxunto de células e sistemas que forman unha estrutura organizada e complexa. Organismo unicelular, o constituído por unha soa célula. Organismo pluricelular, constituído por máis dunha célula e que posúe células diferenciadas que realizan funcións especializadas. Organismo modificado xeneticamente, aquel cuxo material xenético foi alterado usando técnicas de enxeñaría xenética. Ao conxunto de órganos que constitúen un ser vivo. Ás organizacións ou institucións, conxuntos organizados que teñen unha función determinada.