Jan Hus, tamén coñecido como Jan de Hussenitz, nado en Hussenitz (Bohemia do Sur) en 1370 e morto en Constanza (Alemaña) o 6 de xullo de 1415, foi un teólogo, filósofo, reformador e predicador bohemio, que se desempeñou como mestre na Universidade Carolina de Praga. Os seus seguidores coñécense como Husitas.

Infancia Fillo dun campesiño pobre que morreu de xeito temperán, foi criado con moitísimo esforzo pola súa nai. A súa piedade e fervor relixioso manifestáronse nel dende a súa nenez, pois participou como monaguillo e cantou no coro da igrexa. As lecturas piadosas apaixoábanlle. Certa noite que lía a vida de San Lourenzo preto da cheminea, achegou a súa man ao lume para probar ata onde sería capaz de soportar os tormentos que Lourenzo sufrira.

Déuselle a mellor educación que permitían as súas circunstancias; e tendo adquirido un bo coñecemento dos clásicos nunha escola privada na provincia de Bohemia onde adquiriu o título de Bacharel en Divindade en 1398, admitírono na Universidade de Praga por caridade, onde axiña deu probas da súa capacidade intelectual, e onde se destacou pola súa dilixencia e aplicación ao estudo.

Carreira miniatura|esquerda|Martirio de Jan Hus.

Hus foi ordenado sacerdote en 1400 e nomeado predicador, primeiro na Igrexa de San Miguel e logo na Capela de Belén en 1402, onde se predicaba exclusivamente en checo. Alí fustrigaba a relaxación moral do clero. Participou no movemento político-social xurdido da escola de predicadores de Milia de Kromeriz, que defendían un retorno ao cristianismo primitivo e oposición á xerarquía. En 1401 obtivo o cargo de Decano da Facultade de Arte e Filosofía, e para 1409 foi nomeado reitor da Universidade de Praga.

Hus impulsou desde 1408 un movemento cristián baseado nas ideas de John Wycliff. Os seus seguidores foron chamados Husitas e multiplicáronse en momentos nos que a Igrexa católica sufría a crise do chamado Cisma de Occidente, cando exercían dous papas, aos que en 1409 agregouse un terceiro, Alexandre V, que condenou o movemento husita e excomungou a Jan Hus. Convocado o Concilio de Constanza co fin de reunificar á Igrexa católica, Hus acudiu a defender os seus puntos de vista, pero foi condenado alí a morrer na fogueira e o 6 de xullo de 1415 foi queimado vivo.

Antes de ser queimado, Hus dixo as seguintes palabras ao verdugo: "Vas asar un ganso (hus significa ganso en lingua bohemia), pero dentro dun século atoparaste cun cisne que non poderás asar." Adóitase identificar a Martiño Lutero con esta profecía (102 anos despois cravou as súas 95 teses en Wittenberg), e comunmente adoitaselle identificar cun cisne.

miniatura|250px|Monumento a Jan Hus na praza da Cidade Vella, Praga.

Hus foi un precursor do protestantismo. Os seus escritos gañáronlle un lugar importante na literatura checa. Jan Hus estudou na escola de latín en Praga e grazas a isto introduciu os símbolos diacríticos na escritura da lingua checa, especialmente o "háček" co que cada son podía ser escrito mediante un único símbolo e se simplificaba a escritura.

A Jan Hus dedicóuselle un conxunto escultórico na Praza da Cidade Vella (Staroměstské náměstí) de Praga.

Notas e referencias

Véxase tamén

Ligazóns externas "O movemento husita e o legado de Jan Hus", artigo en www.czech.cz .

Categoría:Escritores da República Checa Categoría:Nados en Bohemia Meridional Categoría:Nados en 1370 Categoría:Finados en 1415 Categoría:Executados por herexía