Eduardo Gutiérrez Fernández, nado en Ribadeo o 3 de febreiro de 1948, é un político e ensaísta galego.

Traxectoria

Cultural Fundou e presidiu a Agrupación Cultural Francisco Lanza.

Política miniatura|Esbozo de Eduardo Gutiérrez por Antonio Gregorio (comezos do s.XXI) Profesor de historia e historiador, militante do BNG, foi concelleiro en Ribadeo dende 1983. Foi ademais alcalde entre 1987 e 1995, realizándose durante o seu mandato a piscina municipal ou a restauración do Forte de San Damián. Despois de ser deputado provincial (1995-1997) e deputado no Parlamento de Galicia pola circunscrición de Lugo (1997-2001, rematando no 2005) sempre polo BNG. A raíz da sucesión de Xosé Manuel Beiras Torrado por Anxo Quintana na cabeza do BNG, abandonou esta formación. En 2010 anunciou a súa candidatura á alcaldía de Ribadeo encabezando a lista do PSdeG-PSOEEl ex alcalde del BNG Eduardo Gutiérrez encabezará la lista del PSdeG en Ribadeo, El Progreso, 12/8/2010, sendo concelleiro por dita formación en 2011-2015.

O 30 de maio de 2016 o pleno extraordinario do concello concedeulle por unanimidade o título de cronista oficial de Ribadeo, recibido en acto celebrado o 23 de xullo. É autor dos textos ilustrativos das placas de Sargadelos no rueiro ribadense. Ademais, publicou ducias de artigos en prensa, en particular en La Comarca del Eo.

Obras publicadas Ensaio A lingua é o noso escudo, 1978, Escola Aberta. Introducción ao Sempre en Galiza, 1986, Ediciós do Castro. Alexandre Bóveda en A Nosa Terra, 1988, Asociación Cultural Alexandre Bóveda. 2ª edición publicada en Laiovento no 2003. Do vello Ribadeo, 2005, Agrupación Cultural Francisco Lanza, Ribadeo. A muralla de Ribadeo e outras historias, 2019. alt=Dedicatoria no seu libro 'Ribadeo, rúas, prazas e espazos'|miniatura|Dedicatoria no seu libro 'Ribadeo, rúas, prazas e espazos'Ribadeo, rúas, prazas e espazos, 2025

Edicións Falan os de Ribadeo, de Francisco Lanza Álvarez, 1974, Ediciós do Castro.

Obras colectivas Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole, 1986, Concello de Lugo. 12 anos na búsqueda da nosa identidade, 1990, Asociación Cultural Xermolos.

Premios Premio de Ensaio da Asociación Cultural Alexandre Bóveda no 1987, por Alexandre Bóveda en A Nosa Terra.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Ribadeo

Ligazóns externas Discursos de concesión e de aceptación do título de cronista oficial Biografía e cita dunha das súas publicacións

Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Ribadeo Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo BNG Categoría:Nados en Ribadeo Categoría:Nados en 1948 Categoría:Deputados da V Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da VI Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Cronistas de Ribadeo