A Federación Galega de Espeleoloxía é o órgano oficial galego de control e organización dos deportes e entidades de espeleoloxía, e que á súa vez reúne a espeleólogos e técnicos. A FGE está afiliada á Federación Española de Espeleología (FEE). Historia e características Foi fundada en 1981 e a súa sede está na Coruña. O seu actual presidente é Juan Manuel Prego Mateo. A FGE mantén un grupo de espeleosocorro que pode actuar en situacións de emerxencia ou accidentesEmerxencias e Interior colaborará coa Federación Galega de Espeleoloxía para a busca, rescate e socorro de persoas Xunta de Galicia. No ano 2006 con motivo do seu 25 aniversersario organizou o I Congreso Galego de Espeleoloxía no Barco de Valdeorras.

Clubs federados na FGE A Coruña E.C. Madruga (A Coruña) E.C. Obélix (Baldaio) Espeleo Club de Descenso de Cañones (A Coruña) Sociedade de Montaña Ártabros (A Coruña) G.E.S. Brigantium (A Coruña) S.E.A.D. Rey Gerión (A Coruña)

Lugo E.C. Rei Cintolo (Mondoñedo) G.E. Arcoia (Quiroga) G.E.M.-A.L. Val da Néboa (Sober) G.E.S. Irmandiños (Lugo) G.E.S. Lugo (Lugo) Sección Espeleología C.M. Lucus Augusti (Vilalba)

Ourense G.E.S.C.A. Manzaneda (Ourense)

Pontevedra Espeleo Club Aradelas (Vigo) C.E. Maúxo (Vigo) G.E.S.C.M Celtas (Vigo)

Notas

Véxase tamén Outros artigos Espeleoloxía

Ligazóns externas Páxina web oficial da FGE A FGE na web da Fundación Deporte Galego

Espeleoloxía, Federación Galega de Categoría:Xeoloxía Categoría:Deporte de Galicia sen imaxes Categoría:Espeleoloxía