miniatura|280px|dereita|Leóns devorando unha presa. miniatura|280px|Cranio dunha candorca onde se pode observar a súa dentición, adaptada a un réxime alimenticio esencialmente carnívoro.
Os animais carnívoroscarnívoro1 no dicionario da RAG. son os que teñen en común o feito de que se alimentan de carne, e que se sitúan no máis alto da cadea trófica.
Estes animais predan outras especies pero non son comidos (exceptuando os ataques que poidan sufrir doutro carnívoro).
A súa principal fonte de alimento en terra provén dos herbívoros e no mar procede de peixes, mamíferos, crustáceos etc.
Ademais da denominación anterior, en función do seu réxime alimentario e que carece de valor taxonómico, co nome de carnívoros (ou Carnivora) desígnase unha orde de mamíferos.
Un caso particular é o dos animais que se alimentan de pequenos invertebrados, que adoitan recibir a cualificación de insectívoros.
Por outra parte, tamén existen algúns vexetais que se alimentan de animais, as denominadas plantas carnívoras.
Características As características dos carnívoros adoitan seren moi evidentes: Teñen unha importante dentadura coa que poder arrincar a carne as súas presas. Vista: ollos en posición dianteira, que lles permite captar a profundidade de campo e, polo tanto, calcular a posición exacta da presa. A súa vista tamén é moi sensible ao movemento. Corpo axeitado á caza: forza, velocidade, elasticidade. Sistema dixestivo adaptado á dieta propia, con capacidade para alternar grandes inxestas con días ou semanas de xexún. Adoitan vivir en pequenas mandas coas que chegan a desenvolver estratexias grupais de caza, ou sós.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Herbívoro Omnívoro Insectívoro Cadea trófica Planta carnívora
Categoría:Termos zoolóxicos Categoría:Ecoloxía Categoría:Interrelacións biolóxicas