miniatura|dereita|Cumulus humilis, con cumulus congestus no horizonte. Os cumulus ou cúmulos, abreviadamente Cu, son un xénero de nubes que, segundo a definición adoptada pola Organización Meteorolóxica Mundial, se caracterizan por seren nubes con contornas ben definidas, encopetadas e densas. Desenvólvense verticalmente a xeito de protuberancias, cúpulas ou torres. As súas zonas superiores aseméllanse con frecuencia a unha coliflor. As partes iluminadas polos raios do Sol teñen unha coración branca intensa, namentres que a súa base e plana e de cor escuro. Ás veces, aparecen esgazados polo vento.
Características Son nubes de desenvolvemento vertical, que se forman a alturas entre 500 a 6.000 m, e adoitan atoparse espalladas en paquetes amontoados pola convección. As correntes de aire ascendentes, orixinadas polo desigual quecemento do aire, a unha altura onde a humidade do aire pode comezar a condensar, desenvólvendose os cúmulos verticalmente en vez de horizontalmente.
Os cúmulos de bo tempo medran no verán dende o mediodía ata a posta do Sol, cando se disipan. Se existe inestabilidade abonda, poden desenvolverse ata daren lugar a cumulonimbos, orixinando chuvascos e treboadas
Especies Cumulus congestus. Cumulus fractus. Cumulus humilis. Cumulus mediocris.
Variedades Cumulus radiatus.
Véxase tamén Bibliografía Candel Vila, R. (1978), Atlas de meteorología, 8ªed, Ed. Jover. Martín León, F. e Quirantes, J. A., Cazadores de nubes, Ministerio de Educación y Ciencia, Gobierno de España.
Ligazóns externas Atlas fotográfico de nubes
Categoría:Xéneros de nubes