miniatura|300px|Localización das Illas de Nova Siberia en Rusia miniatura|300px|Mapa das Illas de Nova Siberia en Rusia miniatura|300px|Localización das Illas de Nova Siberia en Rusia As illas de Nova Siberia (Ruso: Новосиби́рские острова́) son un arquipélago de illas árticas, situado ao norte da costa de Siberia Oriental, entre o mar de Laptev e o mar de Siberia Oriental.

Administrativamente, pertencen á República de Sakha (Yakutia) da Federación Rusa.

Xeografía As illas de Nova Siberia cobren unha área de aproximadamente 29.000 km² e divídense en tres grupos ou arquipélagos menores:

illas Anzhu, no centro, coas seguintes illas: illas Kotelny/Faddeyevsky, un conxunto formado por illa Kotelny (о. Коте́льный) (11.700 km²) e illa Faddéyevsky (о. Фадде́евский) (5.300 km²), que están unidas por medio das terras do Bunge (земля́ Бу́нге) (6.200 km²) (ocasionalmente mergullado baixo o mar) illa de Nova Siberia (о. Но́вая Сиби́рь) 6.201 km² illa Belkovsky (о. Бельковский) 500 km²

illas Lyakhovsky, con 6.100 km², ao sur, máis preto da costa siberiana, coas seguintes illas: illa Gran Lyakhovsky (о. Большо́й Ля́ховский) 5.157 km² illa Pequena Lyakhovsky (о. Ма́лый Ля́ховский) 1.325 km² illa Stolbovoy (о. Столбово́й) 170 km² illa Semyonovsky (о. Семёновский). Está illa está agora mergullada.

illas De Long, con 228 km², ao nordés de Nova Siberia, un grupo de pequenas illas: illa Jeannette (о. Жанне́тты; Ostrov Zhanetta), un pequeno illote de 0,2 km², cunha altura máxima de 250 m e o 30% glaciarizado. Foi descuberto o 16 de maio de 1881 por William Dunbar a bordo da Jeanette. () illa Henrietta (о. Генрие́тты; Ostrov Genriyetta), unha pequena illa de 7 km², cunha altura máxima de 340 m e o 40% glaciarizado. Foi descuberta o 20 de maio de 1881 por Thomas Washington De Long a bordo da Jeanette.()

illa de Bennett (о. Бе́ннетта) con 75 km², a illa máis grande do grupo, e cunha altura máxima de 448 m e o 60% glaciarizado. Foi descuberta o 15 de xullo de 1881 por Aneguin a bordo da Jeanette. ()

illa Vilkítskogo (о. Вильки́цкого; Ostrov Vil'kitskogo), unha pequena illa de 2 km², cunha altura máxima de só 70 m, sen glaciarizar. Foi descuberta o 20 de agosto de 1913 por Aleksey Nikolayevich Zhokhov a bordo do quebraxeos Taymyr. ()

illa Zhokhov (о. Жо́хова), unha pequena illa de 40 km², cunha altura máxima de 120 m, sen glaciarizar. Foi descuberta o 27 de agosto de 1914 por Per Alekseyevich Novopashennyy a bordo do quebraxeos Vaygach.()

A maior parte do arquipélago é chairo e está formado por restos de sedimentos. O cume máis alto é o monte (Malakatyn-Tas en Kotelny) con 374 m.

Clima

O clima é ártico, a neve cobre as illas nove meses ao ano. A temperatura media en xaneiro: -28 °C a -31 °C. A temperatura en xullo: nas costas a auga ártica mantén a temperatura baixa, a temperatura máxima media rolda os 8 °C a 11 °C e a mínima -3 °C a 1 °C. No interior das illas, as temperaturas máximas en xullo son de 16 °C a 19 °C e a mínima de 3 °C a 6 °C.

Precipitación: ata 132 mm cada ano.

O permafrost atópase presente en todas as illas. Tamén se atopan cubertas por vexetación típica da tundra.

Historia

As primeiras noticias sobre a existencia destas illas chegaron a través dun Cosaco, Yákov Permyakov a principios do século XVIII. En 1712, unha unidade cosaca dirixida por M. Vagin alcanzou a illa Gran Lyákhovsky. A principios do século XIX, as illas foron exploradas por Yákov Sánnikov, Matvey Gedenschtrom e outros. viñeron sendo a localización de estacións permanentes de investigacións científicas desde 1930 aproximadamente. Aquí atópase a tundra desértica, cuberta de neve a maior parte do ano. Entre a súa fauna atópanse especies como o raposo ártico e o cervo do norte.

Categoría:Illas de Rusia Categoría:Siberia Categoría:Illas do Océano Ártico