Mara é un concello da provincia de Zaragoza, situado na comarca da Comunidade de Calatayud. A súa poboación era de 207 habitantes en 2007.
Xeografía Mara está situado na beira dereita do río Perejiles, afluente do Jalón, e so a serra de Vicor. A superficie do concello é de 21,17 km². Dista 95 km da capital provincial, Zaragoza.
Historia Aparece citado nunha Bula de Lucio III como Marha. A citación, no mesmo documento, de Marach identifícase con Morata de Jalón.
Festas San Fabián e San Sebastián, 20 de xaneiro. San Roque, 16 de agosto.
Mara (Zaragoza)